Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 21 de decembro de 2000, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifica a proposta de expediente sancionador PESAN1 2000/000138-2.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, a propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse a disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Lugo en Celeiro-Viveiro, avenida Ramón Canosa s/n-27863.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000138-2.

Denunciado: Norfish.

DNI: A00000001.

Enderezo: Frigoríficos Friglasa A Riouxa Teis Vigo.

Celeiro-Viveiro, 21 de decembro de 2000.

P.A.

Cristina López-Escobar Fernández

Instructora