Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 26 de decembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de alzada interposto por Dolores Riveira Requeijo, devolta polo servicio de correos.

Con data 16 de outubro de 2000 o conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou resolución nos seguintes termos: desestima-lo recurso de alzada formulado por Dolores Riveira Requeijo contra a Resolución do 16 de xuño de 2000 da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas

as listas para a cobertura temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 1 do grupo V.

Tentada por dúas veces a notificación do xeito establecido no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común, no domicilio sinalado pola interesada, resultou devolta polo servicio de correos por caducado en lista.

Polo exposto, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en virtude do presente anuncio notifícase a Dolores Riveira Requeijo a resolución do recurso de alzada formulado por ela nos termos anteditos, de xeito que pode recolle-la resolución nas dependencias da Subdireción de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, s/n, 1-3º Santiago de Compostela).

Así mesmo signifícaselle que contra a devandita resolución poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña conforme os artigos 8 e 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública