Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de urbanización do predio Montepío e o seu contorno con destino a parque público, Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 1/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: urbanización do predio Montepío e o seu contorno con destino a parque público.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: nove meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: seiscentas noventa e nove millóns oitocentas sesenta e seis mil duascentas tres pesetas (699.866.203 pesetas, 4.206.280,59 euros), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 13.997.324 pesetas (84.125,61 euros).

Definitiva: 4% sobre orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación.

a) Copy 2000

b) Domicilio: Rosalía de Castro, 39.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Teléfono: 981 59 27 29.

e) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Obtención de información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Presupostario.

b) Domicilio: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 49.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo: 5 e 6, categoría F.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 21 de febreiro de 2001 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do P.C.A.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, rúa San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, rúa San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 13 horas do día 26 de febreiro de 2001.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda