Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, do servicio de apoio técnico funcional á explotación do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora: Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, edificio administrativo de San Caetano, Casa da Radio, teléfono: 981 54 52 58; fax: 981 54 52 74, 15704 Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto.

3. Prazo de execución: a duración da asistencia prolongarase desde o momento da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2001.

4. Orzamento total.

Cento vinteséis millóns de pesetas (126.000.000 de pesetas), IVE incluído.

5. Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes.

Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos, Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática, edificio administrativo de San Caetano, Casa da Radio, teléfono: 981 54 52 58; fax: 981 54 52 74, 15771 Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

A documentación poderá solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.A.L., en r/ Rosalía de Castro 45, 15706 Santiago de Compostela, teléfono: 981 59 26 00/981 59 26 08, fax: 981 59 18 63, mediante o abono do importe que corresponda.

Así mesmo, tamen se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación na seguinte dirección de Internet: http://www.xunta.es/contratación.

6. Garantías esixidas: consistirá no 2% do orzamento de licitación (2.520.000 pesetas).

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. a) Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo da forma indicada no artigo 100 do Regulamento

xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 10 de febreiro de 2001.

No exterior dos sobre expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación do servicio de apoio técnico funcional a explotación do Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, que presenta... no nome... (propio ou da entidade que representa)».

b) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

9. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 15 de febreiro de 2001 na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), a partir das 12 horas.

10. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver punto 5 do prego de prescripcións técnicas e o punto 2 do anexo III do prego de cláusulas administrativas.

11. Información complementaria: na dirección e servicio indicadas no punto 5.

12. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa:

13. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 21 de decembro de 2001.

14. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 21 de decembro de 2001.

15. Anuncios: o importe do anuncio da pesente resolución nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2001.

P.A.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública