Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.055

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (5173/2000).

Por este edicto faise saber que, en providencia dictada no día da data pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto pola procuradora Dulce María Maneiro Martínez, en nome e representación do Concello de Fornelos de Montes, contra o Decreto 245/2000, do 29 de setembro, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, polo que se resolve o expediente de deslinde entre os termos municipais dos concellos de Covelo e Fornelos de Montes (DOG nº 202, do 18 de outubro).

Recurso número: 02/0005173/2000.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas que non o foron persoalmente e que teñan un dereito ou interese lexítimo no dito recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. De o faceren con posterioridade, teranse por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 27 de decembro de 2000.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado