Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2001 Páx. 1.054

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 15 de xaneiro de 2001 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 16 de novembro de 2000 (DOG nº 230, do 28 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modi

ficada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 16 de novembro de 2000 (DOG nº 230, do 28 de novembro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde causen alta os funcionarios realizará as dilixencias de toma de posesión dentro dos prazos reflectidos no punto anterior.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 3542426746 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Brión Rey, Mª Carmen Victoria.

Denominación do posto de traballo: secretario/a director xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Nivel: 18.

C. específico: 567.185.

NRP: 3606728857 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Fernández Seijas, Carmen.

Denominación do posto de traballo: secretario/a delegado/a.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Pontevedra.

Corpo ou escala: xeral.

Nivel: 16.

C. específico: 531.766.

NRP: 3525994024 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Rivas Lois, Rosa María.

Denominación do posto de traballo: xefe negociado Habilitación.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Pontevedra.

Corpo ou escala: xeral.

Nivel: 18.

C. específico: 567.185