Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.012

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN INSTITUTO GALEGO DE OFTALMOLOXÍA

BASES da convocatoria para a cobertura de postos de traballo desta fundación en réxime de contratación laboral indefinida.

1. Obxecto.

O obxecto desta convocatoria é a cobertura de postos de traballo da Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía, mediante contratación laboral de acordo co disposto na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuacións de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

2. Normas xerais.

2.1. Requisitos xerais.

Poderán ser admitidos na dita convocatoria os aspirantes que reúnan o último día de prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos: a) Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento de pecharse o prazo de solicitudes; b) Posuír nacionalidade española ou, se é o caso, dispoñer da autorización adecuada para poder residir e traballar legalmente en España; c) Posuír e acredita-la titulación académica (homologada polo Ministerio de Educación no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea) que segundo se fai constar no modelo de solicitude, habilita para o exercicio da profesión correspondente; d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes; e) Non atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

2.2. Requisitos.

Son os que figuran no punto 2.5 para a categoría que forma parte da convocatoria.

2.3. Formalización das solicitudes.

Una vez publicado no Diario Oficial de Galicia, concédese un prazo de 20 días naturais para que presente a súa solicitude en modelo anexo normalizado pola fundación xunto coa documentación acreditativa dos méritos alegados. As solicitudes enviaranse unicamente ó apartado de correos 923 de Santiago de Compostela e non será válida a remisión a calquera outro lugar.

Quen desexe formar parte da convocatoria deberá presentar solicitude segundo modelo de instancia adxunto, facilitado na sede da Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía ou directamente no DOG unindo ademais:

-Fotocopia do DNI.

-Acreditación dos méritos necesarios (poderá facerse mediante a presentación do orixinal ou fotocopia compulsada).

-Acreditación dos servicios prestados (cada mes de servicios prestados deberá acreditarse cun certificado da empresa onde se especifique a categoría, duración e xornada).

Non se esixirán taxas de inscrición por dereitos de exame.

2.4. Órgano avaliador.

O órgano avaliador estará constituído por unha comisión de selección designada e aprobada polo órgano de goberno da fundación que é o padroado.

A comisión de selección poderá solicita-los apoios técnicos que considere necesarios.

Ós membros da comisión seralles de aplicación a normativa da Xunta de Galicia en materia de indemnizacións por razón de servicios.

Haberá en todo momento un teléfono para informar das dúbidas que poidan xurdir durante o prazo de presentación das solicitudes. Teléfono 981 56 83 44 (de 10 a 12 h).

2.5. Categorías laborais da convocatoria.

GrupoDenominaciónPrazas

convocadas

Requisitos

AMédico especialista en oftalmoloxía1Licenciado en medicina e cirurxía. Especialista en oftalmoloxía

3. Probas de selección.

Para as seguintes categorías.

-Médico especialista.

Valoración.

Concurso de méritos: a comición de selección valorará os méritos acreditados polos aspirantes de acordo

co baremo establecido, tendo en conta as seguintes fases:

1ª Fase:

A) Proba de selección (suposto clínico ou técnico) eliminatorio. Puntuación máxima 6 puntos. Consistente en:

-Resolución de casos prácticos propostos polo tribunal e relacionados con funcións propias da categoría.

-Exposición oral de cuestións propostas polo tribunal e relacionadas coas materias que figuran no anexo 2. A exposición oral referirase tanto a coñecementos conceptuais como á súa aplicación na realidade clínica e a práctica cirúrxica. O tribunal poderá solicita-las aclaracións que considere pertinentes sobre os contidos da exposición.

2ª Fase:

A) Baremo de experiencia acreditada. Puntuación máxima 6 puntos.

B) Baremo de formación e méritos. Puntuación máxima 4 puntos.

Anexo 1 de formación: para a categoría de médico especialista.

C) Entrevista persoal. Puntuación máxima 4 puntos.

Cualificación.

Os postos adxudicaranse por orde de puntuación dos aspirantes. En caso de empate na puntuación final decidirase a favor do aspirante con maior puntuación na experiencia práctica dependendo en última instancia do resultado da entrevista persoal.

Baremo.

A) Experiencia acreditada.

EntidadeMeses ou

fracción

PuntosTotal

No Instituto Galego de Oftalmoloxía (Ingo)x0,2

No Servicio Galego de Saúde (Sergas)x0,1

Noutras fundacións de ámbito sanitariox0,05

Noutras entidadesx0,025

Total experiencia acreditada (máximo 6 puntos)

ANEXO 1

B) Formación e méritos.

Nota media do título esixido:

(Só se puntuará por un concepto)

Notable0,3

Sobresaliente0,4

Matrícula de honra0,5

Exame de grao ou tese de licenciatura0,5

Doutoramento1

-Cursos relacionados con cirurxía refractiva e patoloxía do segmento anterior do ollo.

Cursosx0,05

-Outros cursos relacionados coa especialidade de oftalmoloxía (máis de 20 horas).

Cursosx0,05

-Publicacións relacionadas coa especialidade de oftalmoloxía.

En revistas con índice de impacto recoñecidox0,5

En revistas sen índice de impactox0,1

-Comunicacións a cursos e congresos relacionados coa especialidade de oftalmoloxía.

En reunións de carácter internacionalx0,1

En reunións de carácter nacionalx0,01

-Participación en proxectos de investigación relacionados coa especialidade de oftalmol. cofinanciamento externo.

Proxectosx0,05

-Galego (só un dos conceptos).

Iniciaciónx0,25

Perfeccionamentox0,5

-Idiomas con acreditación recoñecida.

Idiomasx0,25

Total formación (máximo 4 puntos)

ANEXO 2

Médico especialista en oftalmoloxía

Os exames versarán sobre coñecementos conceptuais e operativos dos grupos de coñecementos que se relacionan a continuación, así como a súa aplicación na realidade práctica.

I. Exploración oftalmolóxica. Test e técnicas diagnósticas.

II. Cirurxía refractiva. Principios xerais.

III. Fotoqueratectomía refractiva e terapéutica.

IV. Queratomileusis in sito (Lasik).

V. Cirurxía da miopía magna.

VI. Microscopia confocal: principios básicos. Utilidade clínica e investigación.

VII. Análise da topografía corneal: videoqueratoscopia e topografía de elevación.

VIII. Patoloxía dexenerativa da córnea e distrofias corneais.

IX. Patoloxía inflamatoria da córnea.

X. Transplante de córnea.

XI. Patoloxía relacionada coas lentes de contacto.

Instruccións para o/a interesado/a.

Por favor, lea estas instruccións antes de cubri-las follas correspondentes á solicitude de admisión e folla de baremo.

-Instruccións xerais.

1. Escriba só á máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.

2. Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en tódolos exemplares.

3. Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou borróns.

4. Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.

5. Non esqueza asina-los impresos de solicitude e de baremo.

6. Non esqueza acompaña-la fotocopia do seu DNI.

7. Non esqueza envia-la documentación xustificativa dos méritos referidos na folla de baremo (orixinais ou fotocopias compulsadas).

-Instruccións particulares.

I. Solicitude de admisión.

Grupo: sinale a letra do grupo correspondente segundo a táboa 1 anexa.

Denominación: sinale a denominación correspondente segundo a táboa 1 anexa:

Táboa 1

Prazas

GrupoDenominaciónconvocadasRequisitos

AMédico especialista1Licenciado en medicina e cirurxía.

en oftalmoloxíaEspecialista en oftalmoloxía

Títulos académicos oficiais: código segundo a táboa 2 anexa:

Táboa 2

TitulaciónCódigo

Licenciado en medicina, especialista en oftalmoloxía01

II. Baremo.

Nota media do título esixido por categoría: puntúase só por un concepto.

Recadro de nº: escriba o número de cursos de cada categoría realizados ou número de titulacións posuídas.

Titulación complementaria á esixida: puntúe só por un concepto.

III. Planificación da convocatoria.

1. Publicación no Diario Oficial de Galicia de convocatoria.

2. Prazo de vinte días naturais a partir da publicación no DOG para a presentación da solicitude.

3. Lista provisional de admitidos e publicación da data de comezo das probas.

4. Valoración dos méritos acreditados polos aspirantes.

5. Publicación das listas provisionais de admitidos á entrevista persoal.

6. Prazo de reclamacións: 3 días.

7. Publicación de listas definitivas de admitidos por orde de puntuación e adxudicación dos postos de traballo.

En caso de calquera dúbida ou consulta que poida xurdir mentres cobre a solicitude ou durante o seu prazo de presentación, chame de 10 a 12, ó teléfono 981 56 83 44.