Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.016

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REAL ACADEMIA GALLEGA DE BELLAS ARTES DE NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO

CONVOCATORIA.

A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario convoca a concesión da medalla de honra correspondente ó ano 2001.

A academia instituíu con carácter honorífico a devandita medalla.

Poderalles ser concedida a aquelas persoas ou entidades de carácter público ou privado que máis se destacasen no cultivo, fomento, protección, defensa, etc., nalgún dos eidos das belas artes relacionados con Galicia.

Para participar na convocatoria será preceptivo formular antes do día 20 de marzo proposta asinada por calquera persoa ou entidade relacionada coa arte, acompañada da oportuna relación de méritos e circunstancias que ó seu xuízo xustifiquen a proposta.

A concesión da medalla de honra farase pública o día do seu outorgamento e a entrega efectuarase coa debida solemnidade.

Para máis información poderán dirixirse á Secretaría da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, praza do Pintor Sotomaior, s/n, 15001-A Coruña.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2001.

O presidente

Rubricado