Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 11 de decembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Montes de Covas, a favor dos veciños do lugar de Covas, no concello dos Blancos (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou en sesión do 18 de maio de 2000 inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Montes de Covas e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Os Blancos (Ourense)

Denominación: Montes de Covas.

Comunidade propietaria: lugar de Covas (parroquia de Covas)

Superficie: 368,934 ha , aproximadamente.

Estremas.

Norte: Teresa Vázquez Lorenzo, Sergio Gil Gómez, comunal dos veciños de Aguis, Severo Gil Gíaz, Delmiro Gil Díaz, Francisco López Martínez e irmáns, Irene Rodríguez Araújo, Francisco Penín Rodríguez, Francisco Gómez Gómez, Maximino Fernández Barrio, Domingo Trigo Álvarez e irmáns, Rosa García García, Jesús Olmos Barrio, Andrés Barrio Feijoó, Delfín Castro Pena, Delfín Gómez Molinos, Manuel Molinos Campos, Marcial Rodríguez, e outros, Regato de Porta da Veiga, e comunal dos veciños de Fonte Arcada.

Sur: termo de Baltar (Ourense)

Leste: Pura Casares Pérez, Agustín García Pérez, José Benito García Pérez, Urbano Penín Araújo, José Rodríguez Fernández, herdeiros Casimiro Pena

Araújo, María Cota Lama, camiño, Emilio Barrio Díaz, Antonio Pena Araújo, Hermesinda Cota Peaguda, Maximino Fernández Barrio, Dolores Trigo Trigo, María Benita Cuquejo Pérez, Adolfo Cuquejo Pérez, Hortensia Sotelo Lamas, herdeiros Teófilo Rodríguez, Ovidio Barrio Díaz, Rosa Rodríguez Sueiro, Servando Pena Casares, José Rodríguez Díaz, herdeiros María Sotelo, Modesto Moure Pena, Gumersindo Cuquejo Arias, Manuel Pérez González, herdeiros de Benedicta Fernández, José María Cuquejo Arias, Aurea Pena Araújo, Anuncia Salgado Díaz, herdeiros de Teófilo Rodríguez, Manuel Vidal e outros, camiño, comunal dos veciños de Penalonga e termo de Baltar.

Oeste: termo de Baltar

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 11 de decembro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense