Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 10 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia a apertura dunha nova convocatoria para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas para a náutica recreativa do porto de Cangas.

Advertido un erro na transcrición do citado anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia nº 12, do 17 de xaneiro de 2001, na páxina 718, faise pública a seguinte corrección de erros: onde di: «e na sede de zona centro deste ente público, sita na avda. Alférez Provisional, 1-1º, 15006 A Coruña», debe dicir: «na sede da zona sur deste ente público, sita na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra».