Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 29 de novembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Labureiro, a favor dos veciños do lugar de Souto e Valeiras, no concello do Carballiño (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou en sesión do 18 de maio de 2000 inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Labureiro e coas características que a seguir se relacionan nomeándose instructores do expediente a Miguel Ángel González Trigás e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: O Carballiño (Ourense).

Denominación: Labureiro.

Comunidade propietaria: Souto e Valeiras (parroquia de Piteira).

Superficie: 28,5 ha, aproximadamente.

Estremas.

Norte: montes de Cangues (O Irixo).

Sur: predios privados en termos de Souto-Valeiras de: Ventura González, José Manuel González, Rogelio Pérez, Aquilino Lorenzo Novoa e Dolores Lorenzo Marnotes.

Leste: monte comunal do lugar de Xuio (Lobás).

Oeste: monte comunal dos lugares de Zafra e A Lama (A Piteira).

No dito monte existen catro marcos debidamente sinalados. Dúas fontes igualmente sinaladas no mapa e un camiño xeral de servicio que o percorre en toda a súa extensión, en dirección sur-norte.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 29 de novembro de 2000.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense