Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 1.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto, polo trámite de urxencia e procedemento anticipado de gasto, para a contratación do servicio do teléfono de atención a usuarios do Servicio Galego de Colocación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 37/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: contratación do servicio do teléfono de atención a usuarios do Servicio Galego de Colocación.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 237, do 7 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente (anticipado de gasto).

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 35.600.000 pesetas, 213.960,31 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 28-12-2000.

b) Contratista: Global Sales Solutions Line, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 35.400.000 pesetas, 212.758,28 euros.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2000.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude