Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 966

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 18 de xaneiro de 2001 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas encamiñadas á mellora da infraestructura enerxética de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva e se procede a súa convocatoria para o ano 2001.

Un dos obxectivos da Consellería de Industria e Comercio no campo da política enerxética é lograr uns índices de calidade das subministracións enerxéticas axeitados e unha utilización máis racional da enerxía, non só reducindo o consumo, senón tamén mellorando a eficiencia enerxética.

Tanto a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, como a Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos prevén que as distintas administracións no ámbito das súas respectivas competencias territoriais, poderán instrumentar programas de actuación e adoptar medidas que incentiven a mellora do servicio ós usuarios, así como a eficiencia e o aforro enerxético.

As instalacións eléctricas municipais son en moitos casos susceptibles de modificacións e innovacións para unha mellora na eficiencia enerxética, que de acordo co estado actual da técnica, permitan un sensible aforro no consumo de enerxía.

A Comunidade Económica Europea está dando un gran impulso ás enerxías renovables e ós programas de eficiencia enerxética, a través dos programas Save, Altener, Joule e Thermie; por outra parte, con data do 30 de decembro de 1999, o Consello de Ministros aprobou o Plan de Fomento das Enerxías Renovables en España. Na liña co establecido polas ditas administracións é necesario dispoñer de apoios públicos destinados a impulsar tecnoloxías non maduras, en termos de competencia económica.

O desenvolvemento dos núcleos de poboación provocou que, en ocasións, o contorno de determinadas instalacións eléctricas sufrira alteracións significativas que aconsellan a modificación daquelas, aínda que sigan sendo regulamentarias.

O gas é unha enerxía económica e ecolóxica xa dispoñible en moitos fogares e industrias de Galicia e que é preciso seguir impulsando para a súa extensión a novas zonas da nosa Comunidade Autónoma.

Como medio e instrumento para favorece-las actuacións indicadas, a Consellería de Industria e Comercio considera necesario establecer un sistema de axudas económicas para promove-la realización de investimentos, encamiñados a consegui-los fins expostos.

O contido desta orde de axudas axústase ó establecido polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de abril de 2000, segundo o cal, mentres non recaia a decisión da Comisión Europea de compatibilidade coa normativa comunitaria e non entre en vigor a nova disposición normativa, manterase a actividade de fomento autonómico axustándose ás directrices, tanto

horizontais como sectoriais, dictadas pola Comisión, así como, de se-lo caso, ós límites de intensidade autorizados a Galicia no Mapa Rexional de Axudas de España para o período 2000-2006.

Na súa virtude, no uso de las atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Capítulo I

Uso racional da enerxía

Artigo 1º.-Obxecto da axuda.

Convócanse axudas económicas para a execución de proxectos que promovan o uso racional da enerxía na industria, edificios, servicios e transporte así como para a realización de investimentos co obxecto de reduci-la incidencia do factor enerxético na súa estructura de custos.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Sen prexuízo do establecido no artigo 22º, poderán acollerse a estas axudas as corporacións locais, empresas privadas, asociacións ou agrupacións de empresas sen ánimo de lucro, que realicen as actuacións ás que se refire o artigo anterior.

Artigo 3º.-Contía da axuda.

1. A contía máxima das axudas será do 40% do investimento total subvencionable.

2. A devandita axuda farase efectiva con cargo ó programa 631-A, «Conservación e aforro de enerxía», da Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, podéndose establecer compromisos plurianuais dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente. Destinaranse os créditos e aplicacións orzamentarias que se indican a continuación:

AplicaciónDenominaciónImportes en pesetas

Ano 2001Ano 2002

08.02.631-A.760.0Corporacións locais, uso racional da enerxía nos concellos150.000.00050.000.000

08.02.631-A.770.0Empresas privadas; uso racional da enerxía nas industrias30.620.00010.000.000

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.

Artigo 4º.-Solicitudes.

As solicitudes axustaranse ó modelo que figura como anexo desta orde e presentaranse dentro do prazo sinalado no artigo 21º.

Artigo 5º.-Criterios de valoración.

A valoración e selección das solicitudes será realizada pola comisión de valoración que se establece no artigo 24º. No dito procedemento teranse en conta os seguintes criterios que se relacionan por orde decrecente de importancia:

1. Eficiencia enerxética da instalación de acordo co recollido no proxecto correspondente.

2. Mellora medioambiental. Valorarase especialmente aqueles proxectos que xeren unha mellora do medio adicional á obtida por motivos enerxéticos.

3. Replicabilidade. Terán mellor consideración os proxectos de alta replicabilidade.

4. Carácter innovador. Consideraranse prioritarios os proxectos que empreguen tecnoloxías innovadoras ou de escasa difusión.

5. No caso de concellos, existencia dunha auditoría enerxética realizada por unha empresa consultora establecida en Galicia con recoñecida experiencia na materia.

6. Grao de coparticipación no proxecto de entidades de desenvolvemento rexional.

As memorias das actuacións propostas serán remitidas ó Instituto Enerxético de Galicia, que emitirá informe sobre o cumprimento destes criterios.

Capítulo II

Fomento das enerxías renovables

Artigo 6º.-Obxecto da axuda.

Convócanse axudas económicas para o relativo á utilización ou producción de recursos enerxéticos renovables.

Esta liña de axudas poderá aplicarse ós proxectos de electrificación rural, en sistemas illados da rede de distribución, que utilicen sistemas eólicos, soares ou mixtos, incluso, con apoio de grupos electróxenos.

Artigo 7º.-Beneficiarios.

Sen prexuízo do establecido no artigo 22º, poderán acollerse a estas axudas, persoas físicas, empresas privadas, asociacións o agrupacións de empresas sen ánimo de lucro que realicen as actuacións sinaladas no artigo anterior.

Artigo 8º.-Contía da axuda.

1. A contía máxima das axudas será do 40% do investimento total subvencionable.

2. A dita axuda farase efectiva con cargo ó programa 631-B, «Electrificación e enerxías alternativas», da Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, podéndose establecer compromisos plurianuais dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente. Destinaranse os créditos e aplicacións orzamentarias que se indican a continuación:

AplicaciónDenominaciónImportes en pesetas

Ano 2001Ano 2002

08.02.631-B.773.0Empresas privadas fomento das enerxías renovables105.000.00030.000.000

08.02.631-B.780.0Familias e institucións sen ánimo de lucro, fomento das enerxías renovables35.000.000-------

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.

Artigo 9º.-Solicitudes.

As solicitudes axustaranse ó modelo que figura como anexo desta orde e presentaranse dentro do prazo sinalado no artigo 21º.

Artigo 10º.-Criterios de valoración.

A valoración e selección das solicitudes será realizada pola comisión de valoración que se establece no artigo 24º. No dito procedemento teranse en conta

os seguintes criterios que se relacionan por orde decrecente de importancia:

1. Mellora ambiental. Valorarase especialmente aqueles proxectos que xeren unha mellora do medio adicional á obtida por motivos enerxéticos.

2. Replicabilidade. Terán mellor consideración os proxectos de alta replicabilidade.

3. Carácter innovador. Consideraranse prioritarios os proxectos que empreguen tecnoloxías innovadoras ou de escasa difusión.

As memorias das actuacións propostas serán remitidas ó Instituto Enerxético de Galicia, que emitirá informe sobre o cumprimento destes criterios.

Capítulo III

Adecuación de instalacións eléctricas

Artigo 11º.-Obxecto da axuda.

Convócanse axudas económicas para a adecuación de instalacións de distribución de enerxía eléctrica cando, aínda sendo regulamentarias, o seu contorno sufrira modificacións significativas.

Artigo 12º.-Beneficiarios.

Sen prexuízo do establecido no artigo 22º, poderán acollerse a estas axudas as empresas privadas titulares das instalacións de distribución de enerxía a que se refire o artigo anterior sempre que o concello correspondente asuma a execución da obra civil necesaria (canalización subterránea e apoios fin de liña cos elemento inherentes a eles, no caso de que a adecuación da liña leve consigo o paso a subterráneo; cimentacións e tomas de terra de apoios, no caso de que a adecuación da liña aérea consista nunha variante en aéreo), así como a xestión e consecución dos permisos de paso necesarios.

Artigo 13º.-Contía da axuda.

1. A contía da axuda poderá acadar un máximo do 40% do investimento realizado pola empresa na execución da obra, con exclusión dos correspondentes a obra civil indicados no artigo anterior.

2. A dita axuda farase efectiva con cargo ó programa 631-B, «Electrificación e enerxías alternativas», da Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, podéndose establecer compromisos plurianuais dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente. Destinaranse os créditos e aplicacións orzamentarias que se indican a continuación:

AplicaciónDenominaciónImportes en pesetas

Ano 2001Ano 2002

08.02.631-B.770.0Empresas privadas; mellora de infraestructuras enerxéticas72.685.57025.000.000

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.

Artigo 14º.-Solicitudes.

As solicitudes axustaranse ó modelo que figura como anexo e presentaranse dentro do prazo sinalado no artigo 21º.

As solicitudes presentadas serán tramitadas a través dos respectivos concellos, que unirán ó expediente escrito relativo ó compromiso de execución ó seu cargo da obra civil e demais requisitos sinalados no artigo 12º, con indicación de prazos, procedendo a súa tramitación de acordo co previsto na presente orde.

Artigo 15º.-Criterios de valoración.

A valoración e selección das solicitudes será realizada pola comisión de valoración que se establece no artigo 24º. No dito procedemento teranse en conta os seguintes criterios que se relacionan por orde decrecente de importancia:

1. Interese social da actuación de acordo co descrito na memoria; consideraranse preferentes aquelas actuacións tendentes á adecuación do contorno dos bens do patrimonio histórico-cultural.

2. Que cubra o maior número de afectados, en relación co investimento.

3. Que dispoñan das correspondentes servidumes de paso co obxecto de axiliza-la execución das obras.

Capítulo IV

Desenvolvemento da infraestructura de gas

Artigo 16º.-Obxecto da axuda.

Convócanse axudas económicas para a gasificación mediante propano de núcleos de poboación illados dos ramais e redes de distribución de gas natural.

Artigo 17º.-Beneficiarios.

Sen prexuízo do establecido no artigo 22º, poderán acollerse a estas axudas as empresas privadas titulares de autorizacións para distribución de gas propano nos lugares indicados no artigo anterior.

Artigo 18º.-Contía da axuda.

1. A contía da axuda poderá acadar como máximo o 25% do investimento total do proxecto presentado.

2. A dita axuda farase efectiva con cargo ó programa 631-B, «Electrificación e enerxías alternativas», da Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, podéndose establecer compromisos plurianuais dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente. Destinaranse os créditos e aplicacións orzamentarias que se indican a continuación:

AplicaciónDenominaciónImportes en pesetas

Ano 2001Ano 2002

08.02.631-B.771.0Empresas privadas; II fase de gasificación77.000.000--------

Tódalas cantidades antes citadas poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito.

Artigo 19º.-Solicitudes.

As solicitudes axustaranse ó modelo que figura como anexo e presentaranse dentro do prazo sinalado no artigo 21º.

Artigo 20º.-Criterios de valoración.

Con carácter xeral, priorizaranse as actuacións que cubran o maior número potencial de aboados ou clientes, en relación co investimento que se vai realizar.

Capítulo V

Tramitación das solicitudes

Artigo 21º.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes, que se dirixirán ó conselleiro de Industria e Comercio, presentaranse no rexistro xeral das delegacións provinciais, no dos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio ou a través dalgunha das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, entre as que se inclúen os rexistros dos concellos que teñan subscrito convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado de rexistro coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O modelo oficial de solicitude, do que a portada externa se publicará como anexo I desta orde, está á disposición dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio, ou a través de Internet no enderezo http://www.xunta.es/conselle/in.

O prazo para a súa presentación será de 25 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As ditas solicitudes presentaranse segundo o modelo que figura no anexo I desta orde, acompañadas da seguinte documentación, todo isto por exemplar triplicado (orixinal ou copia cotexada e dúas copias):

1. Aquela que acredite a personalidade, natureza e réxime xurídico do solicitante, tendo en conta que:

a) Se é unha fundación, asociación ou entidade sen ánimo de lucro deberá aporta-la escritura pública de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro correspondente, debendo quedar acreditado se fose o caso a súa condición de entidade sen ánimo de lucro.

b) Se é unha empresa, documentación acreditativa da súa constitución legal, inscrición no correspondente rexistro, domicilio social e do seu centro de traballo en Galicia se fora o caso.

2. Documento nacional de identidade e do documento público acreditativo do poder con que actúa quen representa á empresa ou entidade solicitante se é o caso.

3. Tarxeta de identificación fiscal NIF/CIF segundo proceda, e do último recibo de pagamento do imposto de actividades económicas (IAE).

4. Memoria descritiva das actuacións a realizar na que deberá constar un apartado específico no que se valorará a eficiencia enerxética do proxecto.

5. Orzamento desagregado do investimento (anexo II).

6. Calendario de execución do investimento, con referencia a cada unha das actuacións que configuran o proxecto (mes inicio/mes finalización) (anexo II).

7. Declaración expresa doutras axudas solicitadas, obtidas ou que se prevé solicitar para o mesmo investimento en calquera outra administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais. Declaración expresa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas fiscais e coa Seguridade Social

e de que non ten contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia (anexo II).

8. Para as empresas suxeitas ós requisitos establecidos no artigo 27º que se refiren ás esixencias de contratación estable de traballadores, presentarase declaración relacionando os traballadores e o seu tipo de contrato (fixo ou temporal) ou, se é o caso, compromiso por escrito ante a Xunta de Galicia de acada-las porcentaxes de estabilidade laboral indicados no citado artigo 22º.

9. Os que para cada modalidade de axuda se sinalan nesta orde.

Artigo 22º.-Condición de beneficiario.

1. De acordo co establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de febreiro de 1999, para que unha empresa poida adquiri-la condición de beneficiario de axudas, será necesario que o 35% do seu cadro de persoal teña contratos por tempo indefinido.

Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar como mínimo o 35% de estabilidade laboral ó final do prazo que se conceda para tal efecto.

As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione.

O cumprimento dos requisitos anteriores non se esixirá con relación ós centros de traballo radicados fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

O citado requisito tampouco se lles esixirá ás empresas con menos de 10 traballadores. Neste caso a porcentaxe de estabilidade mínima laboral esixida reducirase ó 33%.

Tampouco será necesario cumpri-lo dito requisito nas subvencións inferiores a 10 millóns de pesetas (60.101,21 euros) por proxecto de investimento.

2. Será condición imprescindible para que as empresas poidan acollerse ós beneficios derivadas desta orde de convocatoria, a inscrición no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia, de acordo ó establecido no artigo 8.6º do Decreto 115/2000, do 11 de maio, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de establecementos industriais de Galicia.

Artigo 23º.-Emenda de defectos.

Se a solicitude de subvención non reúne os requisitos esixidos nesta orde para cada caso concreto, o interesado será requirido para que, no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte á recepción do dito requirimento, emende a falla ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixera, considerarase desistido da súa petición e se procederá conforme o establecido no artigo 71 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 24º.-Comisión de valoración.

1. Revisados os expedientes e completados, se é o caso, remitiranse á comisión de valoración que se constituirá para o efecto, que proporá a aprobación ou denegación de axudas seguindo os criterios de valoración.

2. A comisión de valoración estará presidida polo director xeral de Industria, ou en persoa en quen delegue, e na que participarán o subdirector xeral de Enerxía e Recursos Minerais, o xefe de Servicio de Infraestructuras Enerxéticas, que actuará como secretario, os delegados provinciais da Consellería de Industria e Comercio, ou persoas en quen deleguen, e o director do Instituto Enerxético de Galicia.

Artigo 25º.-Resolución.

Unha vez emitido o informe pola comisión de valoración, o conselleiro de industria e comercio, ou se é o caso, o delegado provincial, conforme o establecido no Decreto 88/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias para a concesión de axudas nos delegados provinciais ou territoriais da Xunta de Galicia, dictará a resolución que proceda.

O prazo máximo para dictar e notificar ós interesados a resolución expresa será de catro meses contados desde a publicación da presente orde.

O vencemento do citado prazo sen que se notifique a resolución expresa, lexitima ó interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

A resolución de concesión determinará, cando menos, o importe do orzamento subvencionable, a porcentaxe de subvención que corresponda dentro dos límites establecidos nesta orde e o importe da subvención concedida. No caso de subvención plurianual, determinará tamén as cantidades concedidas con cargo ós orzamentos de exercicios posteriores

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada polo beneficiario no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte á súa notificación, coas condicións específicas que recolle esta orde e as que, se é o caso, se inclúan na resolución. No caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia á subvención e procederase conforme o disposto no artigo 42.1º da reiterada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

As resolucións, expresas ou presuntas, que se dicten ó amparo do disposto nesta orde esgotarán a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou la resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa notificación, segundo os artigos 116 e 117 da referida Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á súa notificación, e sen prexuízo de que os interesados poidan executar calquera outro que estimen oportuno.

Artigo 26º.-Presentación de proxecto de execución.

No prazo de 40 días hábiles a partir da notificación da axuda, o beneficiario deberá remitir á delegación

provincial da Consellería de Industria e Comercio unha copia do proxecto de execución, cando este sexa necesario, asinado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente e certificación da iniciación da obra; se esta fora realizada por terceiros, a documentación que acredite que a obra foi adxudicada e a acreditación do adxudicatario para realizala.

A falla de presentación desta documentación entenderase como renuncia á axuda concedida e, dada audiencia ó interesado, procederase conforme o establecido no artigo 42.1º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 27º.-Actuacións plurianuais.

No caso de actuacións plurianuais, que excedan o exercicio 2001, poderanse establece-los correspondentes compromisos de anualidade, dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente, de conformidade co prazo de execución do investimento, estando ó disposto, para os efectos oportunos, no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e función pública e actuación administrativa e por la Lei 5/2000, de 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo.

Artigo 28º.-Xustificación do investimento.

Sen prexuízo do establecido no artigo 15 do referido Decreto 287/2000, do 21 de novembro, para o libramento das subvencións, o beneficiario deberá ter realizadas e xustificadas as actuacións que fosen obxecto de subvención antes do 31 de outubro de 2001, debendo presentar, na respectiva delegación provincial ou nos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio a documentación acreditativa de ter realizado e pagado o investimento que estará formada por tres exemplares dos seguintes documentos:

1. Informe técnico no que se describa a realización do proxecto ou actuación e os datos e incidencias máis significativos habidos na súa execución.

No caso dos proxectos de electrificación mediante o emprego de enerxías renovables, o beneficiario deberá acreditar que dispón dun contrato de mantemento por un período mínimo de tres anos cunha entidade con capacidade técnica suficiente, a xuízo da delegación provincial de industria correspondente.

2. Documentos acreditativos do investimento ou actuación consistentes nas facturas e documentos xustificativos do pagamento realizado.

No caso das actuacións correspondentes ó capítulo IV, a realización das obras xustificarase mediante certificación de gastos expedida por persoa ou órgano con facultade para iso, acompañada dunha auditoría elaborada por unha firma de auditores independentes (inscrita no Rexistro Oficial de Auditores Contables) ou censor xurado de contas.

Non se valorarán, para efectos de investimentos, os gastos que se realicen en pagamento de impostos, IVE, taxas, contribucións, licencias, etc., nin outros de carácter tributario, fiscal ou sometido a aranceis, e os investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro.

3. Xustificante de axudas obtidas ou declaración das solicitadas ou que se prevé obter para a mesmo investimento en calquera outra administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais; indicando a súa contía.

4. Certificación expedida pola entidade bancaria de titularidade da conta bancaria onde debe realizarse o pagamento, na que conste: ordinal bancario, código de banco, código de sucursal e código de conta corrente.

5. Certificados acreditativos de estar ó corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa administración pública da comunidade autónoma e de estar ó día no imposto de actividades económicas.

6. Documento acreditativo de que se acadan os niveis de estabilidade laboral a que se refire o artigo 22.

7. O beneficiario de calquera subvención plurianual, na que o importe total supere os 5.000.000 de pesetas, deberá aportar ademais, xustificante acreditativo de depósito na Caixa Xeral de Depósitos de seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que garanta o importe da anualidade da cal o pagamento se estea tramitando, así como das súas correspondentes xuros de mora, conforme o xuro legal do diñeiro indicado na Lei de orzamentos do Estado que estea vixente nese momento, e deberá acadar como mínimo ata os dous meses seguintes ó final do prazo de xustificación da última das anualidades da subvención.

Os órganos competentes da Consellería de Industria e Comercio poderán solicita-las aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. No caso de que non foran remitidos polo beneficiario dentro do prazo que se sinale podería entenderse que renuncia á axuda.

Artigo 29º.-Modificación das resolucións de concesión.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou ente públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a axuda poderá acorda-la modificación da resolución a instancia do beneficiario, debendo cumprirse os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conducta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda ou subvención.

3. O beneficiario deberá solicita-la dita modificación mediante instancia dirixida ó conselleiro de Industria e Comercio, acompañada da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos reflectidos no punto anterior; cun límite de 20 días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento.

4. O acto polo que se acorde a modificación da resolución, ou se é o caso se denegue, será dictado polo órgano concedente despois da instrucción do correspondente expediente, conforme o establecido no artigo 12.3º do citado Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 30º.-Pagamento da subvención.

A percepción da axuda terá lugar despois de que os servicios técnicos da Consellería de Industria e Comercio certifiquen que se levou a cabo a realización do investimento de acordo co proxecto presentado.

No caso de que o investimento ou actividade realizada tivese un custo inferior ó inicialmente previsto e sempre que a minoración do custo non supoña unha realización deficiente do proxecto, a axuda que se conceda verase diminuída nunha porcentaxe proporcional.

Os libramentos correspondentes a estas axudas faranse efectivos con cargo ós créditos consignados para cada exercicio orzamentario, con independencia de que os investimentos se realizasen con anterioridade, sempre que se acredite suficientemente que corresponden á actuación subvencionada ó amparo desta orde.

Artigo 31º.-Anticipos.

Con carácter excepcional e por resolución motivada do conselleiro de Industria e Comercio ou do delegado provincial, segundo proceda, poderá autorizarse un anticipo de ata o 50% da subvención naqueles casos no que o investimento esixe pagamentos inmediatos, coas condicións establecidas na Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001 e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Artigo 32º.-Reintegro das axudas.

1. Non se poderá esixi-lo pagamento da axuda ou subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos xuros de mora percibidos desde o seu pagamento, nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obrigación de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

2. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou de outras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo do proxecto ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.

3. A tramitación do correspondente expediente de reintegro levarase a cabo de acordo co procedemento establecido no artigo 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. As cantidades que teñan que reintegra-los beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o previsto nos artigos 19 a 23 do reiterado Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

5. Así mesmo, os beneficiarios encontraranse suxeitos ó réxime de infraccións e sancións que en materia de subvencións establece ó capítulo VII do citado Decreto 287/2000.

Artigo 33º.-Renuncia das axudas.

En caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas procederase conforme o establecido nos puntos primeiro e segundo do artigo anterior.

Artigo 34º.-Control.

En todo caso, os beneficiarios someteranse ás actuacións de control que efectúe a Consellería de Industria e Comercio e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como ás que poida efectuar, se é o caso, a Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas, no suposto de cofinanciación con fondos europeos. Neste sentido, os beneficiarios teñen a obrigación de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ou Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 35º.-Normativa aplicable.

Con independencia do disposto nesta orde, haberá que aterse ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e función pública e actuación administrativa, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001 ou da anualidade que corresponda e na Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Industria para que dicte as disposicións oportunas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio