Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2001 Páx. 979

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de decembro de 2000 pola que se convocan eleccións e se dictan normas para a renovación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Advertidos erros no texto da dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 4, do venres 5 de xaneiro de 2001, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 213, artigo 5º.1, terceiro guión, onde di: «-Resolver, con carácter vinculante, as consultas que lle eleve á xunta electoral da denominación.», debe dicir: «-Resolver, con carácter vinculante, as consultas que lle eleve a xunta electoral da denominación.».

Na páxina 220, no anexo IV, na 5ª columna, na que se establece o reparto dos sete vocais correspondentes ó censo D, este debe ser: subzona O Salnés, 5 vocais; subzona O Condado, 1 vocal; e subzona O Rosal, 1 vocal.