Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2000 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación anticipada, para a contratación da asistencia técnica para o desenvolvemento e a implantación da 2ª fase do novo sistema de información contable, denominado Xumco 2. (Expediente 17/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 13 37.

b) Número de expediente: 17/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Asistencia técnica para o desenvolvemento e a implantación da 2ª fase do novo sistema de información contable, denominado Xumco 2, con destino ó CIXTEC.

b) Prazo de execución: un ano, desde a formalización do correspondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Douscentos oitenta millóns de pesetas (280.000.000 de pesetas), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 5.600.000 pesetas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día 5 de febreiro de 2001.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificante da data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

En acto público, ás 13 horas do día 12 de febreiro de 2001, no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 15 de decembro de 2000.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable