Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e por tramitación anticipada, de tres microscopios invertidos para reconto de fitoplancto e outros organismos mariños con destino ó Departamento de Condicións Oceanográficas e Fitoplancto do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño en Vilaxoán.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de tres microscopios invertidos para reconto de fitoplancto e outros organismos mariños con destino ó Departamento de Condicións Oceanográficas e Fitoplancto do Centro de Constol da Calidade do Medio Mariño en Vilaxoán, de acordo coas características establecidas no prego de prescricións técnicas.

b) Lugar de entrega: Centro de Control da Calidade do Medio Mariño en Vilaxoán.

c) Prazo de entrega: no prazo máximo dun mes contado desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de expediente de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezasete millóns cincocentas mil pesetas (17.500.000 pesetas/105.177,12 euros).

5. Garantía provisional.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localización e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 40 44.

e) Telefax: 981 54 50 25.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura; edificio administrativo San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15781, ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2000.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños