1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición dun equipo de liofilización automatizado para o Departamento de Contaminación Química do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño en Vilaxoán, de acordo coas características establecidas no prego de prescricións técnicas.
b) Lugar de entrega: Centro de Control da Calidade do Medio Mariño en Vilaxoán.
c) Prazo de entrega: no prazo máximo dun mes contado desde a sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e anticipada de expediente de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: doce millóns duascentas corenta e cinco mil pesetas (12.245.000 pesetas/73.593,93 euros).
5. Garantía provisional.
Non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º.
c) Localización e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 40 44.
e) Telefax: 981 54 50 25.
f) Data límite para a obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.
Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no enderezo da Internet: http:/WWW.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=.
7. Requisitos específicos do contratista.
Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura; edificio administrativo San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15781, ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o terceiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 10 horas.
10. Gastos do anuncio.
Serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2000.
Javier Pereiro Muñoz
Director xeral de Recursos Mariños