Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 7 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente sancionador de sanidade alimentaria 74/1999.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da resolución do expediente sancionador nº 74/1999, incoado por infracción ó Decreto 239/1986, do 24 de xullo, da Xunta de Galicia que aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos. O expedientado dispón do prazo dun mes para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), a fin de poder presenta-lo recurso ordinario correspondente, se o considera oportuno, segundo preceptúan os artigos 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de

xaneiro.

1. Expediente sancionador nº 74/1999.

Denunciado: Luis González Vázquez.

DNI: 08.665.648.

Último enderezo coñecido: Lugar de Carro nº 25, Fuenlabrada de los Montes (Badaxoz).

Ourense, 7 de decembro de 2000.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense