Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, de tramitación anticipada de expedientes de gasto, mediante concurso, dun contrato de consultoría e asistencia consistente na edición da revista Consumidores e da páxina web do Instituto Galego de Consumo.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: edición da revista Consumidores e da páxina web do Instituto Galego de Consumo.

Prazo de execución: o prazo de execución será desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2001, podendo prorrogarse polo mutuo consentimento das partes antes da finalización daquel.

Tramitación: ordinaria e anticipada de expedientes de gasto.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Solvencia económico-financeira e técnica: deberase acredita-la solvencia económica e financeira a través dun informe de institucións financeiras de conformidade co establecido no artigo 16.1º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. A solvencia técnica e profesional acreditarase mediante as titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato, tal como dispón o artigo 19 a) do citado texto.

Orzamento base de licitación: seis millóns seiscentas mil pesetas (6.600.000 pesetas) (39.666,80 euros).

Garantías: non se esixen.

Obtención de documentación e información:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa, 10-A-2º.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

-Teléfono: 981 54 45 12.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

-Clasificación: non se esixe.

Data límite de presentación:

No prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar:

A indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10-A-2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Apertura de ofertas:

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10-A-2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións cadrase en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2000.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo