Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 829

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de decembro de 2000 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado GAP de Ourense, para impartir ciclos formativos, segundo os datos que se especifican no anexo desta orde.

Examinado o expediente presentado pola titularidade do centro privado de nova creación GAP de Ourense, solicitando autorización para a súa apertura e funcionamento para imparti-los ciclos formativos de xestión administrativa, administración e finanzas, administración de sistemas informáticos, desenvolvemento de aplicacións informáticas e sistemas de telecomunicación e informáticos.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de

decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro privado GAP de Ourense, para imparti-los ciclos formativos de xestión administrativa, administración e finanzas, administración de sistemas informáticos, desenvolvemento de aplicacións informáticas e sistemas de telecomunicación e informáticos, segundo os datos que se especifican no anexo desta orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería

de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo esto sen perxuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: Reza nº 3.

Código do centro: 32020665.

Denominación: Centro GAP.

Titular: Postal Escuela de Negocios S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: administración.

1.-Ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa. 1 unidade para 20 postos escolares.

1.-Ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas. 2 unidades para 20 postos escolares/unidade.

Familia profesional: informática.

1.-Ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos. 2 unidades para 20 postos escolares/unidade.

1.-Ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas. 2 unidades para 20 postos escolares/unidade.

Familia profesional: electricidade e electrónica.

1.-Ciclo formativo de grao superior de sistemas de telecomunicación e informáticos. 2 unidades para 20 postos escolares/unidade.