Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 826

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

INSTRUCCIÓNS para a aplicación da Orde do 12 de xaneiro de 2001, pola que se desenvolve o anexo XI do Real decreto 3454/2000.

Co fin de facilita-la implantación da Orde do 12 de xaneiro de 2001, pola que se desenvolve o anexo XI do Real decreto 3454/2000, do 22 de decembro, polo que se establece e regula o Programa integral coordinado de vixilancia e control das encefalopatías esponxiformes transmisibles dos animais e co obxecto de adaptala ás circunstancias actuais existentes en Galicia, cúrsanse as seguintes instruccións:

1ª Para os efectos de dar cumprimento ó previsto no artigo 10.1º do Real decreto 3454/2000 (BOE do 23 de decembro), substitúese o certificado do anexo XI do real decreto pola declaración e autorización sanitaria previstas na Orde do 12 de xaneiro de 2001, emitidas nos modelos editados para o efecto pola Xunta de Galicia que figuran como anexo á presente instrucción, ou as correspondentes doutras administracións autonómicas. Así mesmo, tamén se admitirá a dita autorización emitida sobre o modelo de certificado veterinario oficial do Consello Xeral de Colexios Veterinarios de España.

2ª No caso de que o destino sexa a feira e non teña a autorización debidamente emitida, o animal poderá acompañarse ata ela da declaración xurada do responsable/titular da explotación, e os Servicios Veterinarios Oficiais de Agricultura da Xunta de Galicia nas feiras serán os encargados de emiti-la autorización do anexo I.

3ª A autorización e a declaración xurada poden ampara-la aptitude dun ou de varios animais no caso de que procedan dunha mesma explotación, sempre que se asegure a súa identificación.

4ª Terán a consideración de veterinarios habilitados para os efectos desta orde, os veterinarios das agrupacións de defensa sanitaria, veterinarios das cooperativas e explotacións e os veterinarios habilitados por outras administracións de gandería e doutras CCAA.

5ª Queda sen efecto a Instrucción do 5 de xaneiro de 2001 para a aplicación do artigo 10.1º do Real decreto 3454/2000, publicada no DOG nº 6, do 9 de xaneiro de 2001.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2001.

Juan Miguel Diz GuedesJosé Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Agricultura,Conselleiro de Sanidade

Gandería e Políticae Servicios Sociais

Agroalimentaria