Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 22 de xaneiro de 2001 Páx. 825

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 29 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, do Instituto Galego de Consumo, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Dirección Xeral de Xustiza, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e da Dirección Xeral da Xuventude, pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, en colaboración co Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, o Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e a Dirección Xeral da Xuventude convocaron, por Resolución conxunta do 30 de xuño de 2000, premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

De conformidade co disposto no artigo 41 da devandita resolución conxunta, o día 5 de decembro de 2000 constituíuse a comisión encargada de avalia-los traballos presentados, composta polos seguintes membros:

Presidenta: Mª del Pilar Mar Pérez Marsó, directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Vicepresidente: José Graña Carrodeguas, subdirector xeral de Ordenación Educativa.

Vocais:

José Francisco Serrallé Marzoa, en representación do Departamento de Educación e Información Ambiental.

Esther Álvarez Fernández, en representación do Instituto Galego de Consumo

Mª Aurora Cid González, en representación do Plan de Galicia sobre Drogas.

José Antonio Taboada Rodríguez, en representación da Subdirección Xeral de Programas de Saúde Pública.

José Antonio Martínez Carro, subdirector xeral de Relacións coa Administración de Xustiza.

Mª Ángeles García Álvarez, en representación da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Manuel Brea Costoya, en representación da Subdirección Xeral de Promoción e Actividades.

Antonio Rivas Menéndez, xefe do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

Secretaria: Marina Germiñas Miguéns, membro do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

A secretaria levantou acta da proposta de concesión de premios emitida pola comisión avaliadora na mesma data, para a súa aprobación e publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, o Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, o Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e a Dirección Xeral da Xuventude

DISPOÑEMOS:

Primeiro.-Concedérlle-los premios á innovación educativa sobre os temas transversais convocados por Resolución conxunta do 30 de xuño de 2000, ós traballos que se relacionan no anexo a esta resolución.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2000.

Mª del Pilar Mar Pérez MarsóJuan Casares Long

Directora xeral de OrdenaciónDirector xeral do Centro de

Educativa e Formación ProfesionalInformación e Tecnoloxía

Ambiental

Víctor Tello CalvoManuel Antonio Silva Romero

Presidente do Instituto GalegoSecretario xeral da Consellería

de Consumode Sanidade e Servicios Sociais

Pilar Farjas AbadíaAurora Montes Santa-Olalla

Directora xeral de Saúde PúblicaDirectora xeral do Servicio

Galego de Promoción da

Igualdade do Home e da Muller

María José Bravo BoschP.O. do 12-12-2000

Directora xeral de XuventudeAlfonso Rueda Valenzuela

Director xeral de Administración

Local

ANEXO

PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA SOBRE OS TEMAS

TRANSVERSAIS

Educación ambiental:

Da árbore ó papel de Matilde Montero Barreiro e outros dous profesores da Escola de Educación Infantil Aragón de Vigo.

A arte relixiosa no concello de Brión. Valoración e respecto do contorno de Mª Xosé Tilve Costas e outros profesores do Instituto de Educación Secundaria Esparís de Viceso e do Colexio de Educación Infantil e Primaria Pedrouzas de Brión.

A transversalidade na educación:

IV Convivencia de Educación Infantil de Carlos L. Rodríguez Calvente e outros profesores do Colexio

de Educación Infantil e Primaria Julio Gurriarán Canalejas do Barco de Valdeorras.

Transversalidade cómica de Manuel Rajal Fernández do Colexio de Educación Infantil e Primaria Canosa-Rus de Carballo.

Educación vial:

Educación vial de José Antonio Martínez Lista e outros tres profesores do Colexio de Educación Infantil e Primaria Pedrouzas de Brión.

La bicicleta en la naturaleza. El cicloturista de Rita Mª Díez Rechou do Colexio Público Integrado de Pontecesures.

Prevención do consumo indebido de drogas:

Programa de prevención do consumo indebido de drogas de Honorato González Álvarez e outros profesores do Colexio de Educación Primaria Xesús Ferro Couselo de Valga.

Programa de prevención do consumo indebido de drogas de Mª Jesús Torrado Solar e outros profesores do Colexio Público Integrado de Dodro.

Educación para o consumo:

Agricultura ecolóxica. Compostaxe. Reciclaxe de Mª Carmen Rodríguez Beceiro e Luis Galdo Pena da Escola de Educación Especial Carmen Polo de Ferrol.

Análise de bolígrafos. Unha mostra de Antonio Gregorio Montes e outros profesores do Instituto de Educación Secundaria Porta da Auga de Ribadeo.

Educación para a saúde:

Educación para a saúde de Mª Carmen Nogueira Tallón e outros profesores do Colexio de Educación Primaria de Xanza-Valga.

Educación para a igualdade de ámbolos sexos:

Os homes e as mulleres prehistóricos en Muros de Mª de los Ángeles Abelleira Bardanca da Escola de Educación Infantil de Muros.

Igualdade de oportunidades. Muller e política de Mª Rita de Sáa Salgado e outros profesores do Instituto de Educación Secundaria O Meixoeiro de Vigo.

Educación para a paz:

Benvidos á Gran Bretaña de Rosa Mª Fernández Sánchez e outras tres profesoras do Colexio de Educación Infantil e Primaria Pedro Caselles Beltrán de Tomiño.

Aprendo para o futuro de Mª Luisa Márquez Rodríguez e outras tres profesoras do Instituto de Educación Secundaria Luís Seoane de Pontevedra.

Educación para o lecer:

A lavandeira curiosa e o seu amigo o trasno contacontos II de Mª Luz Liste Romero e outros pro

fesores do Colexio de Educación Infantil e Primaria Chans-Bembrive de Vigo.