Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do arrendamento de seis vehículos para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 2A/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: arrendamento de seis vehículos: cinco vehículos tipo turismo para o transporte de persoal sanitario de asistencia domiciliaria, e un vehículo monovolume para transporte de persoal, paquetería, correo, placas radiolóxicas, mostras, estudios de laboratorio e outros, de acordo coas prescricións técnicas que rexen este expediente.

Orzamento: 10.029.600 pesetas (dez millóns vintenove mil seiscentas pesetas), IVE incluído; 60.279,11 euros (sesenta mil douscentos setenta e nove euros, con once céntimos).

Prezo mensual: 417.900 pesetas (2.511,63 euros).

Garantías:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación: 200.592 pesetas (1.205,58 euros).

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de xaneiro de 2001 ou data do inicio da vixencia efectiva do contrato se é posterior. Este contrato poderá prorrogarse no termos que recolle o artigo 174 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: acreditaranse por calquera dos medios establecidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Solvencia técnica: acreditaranse por calquera dos medios establecidos no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Criterios de adxudicaciónNúmero de puntos

1. PrezoAta 6 puntos

2. Servicio técnicoAta 2 puntos

3. Características técnicasAta 2 puntos

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario, A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2000.

Jordi Riba Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela