Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de varios contratos de subministracións.

Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de con

tratos das administracións públicas. En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición de equipamento de endoscopia e microscopia con destino ó Hospital Abente e Lago-A Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-36/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de endoscopia e microscopia.

c) Lote: 5 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 77, do 19 de abril de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e cinco millóns duascentas mil pesetas, IVE incluído (35.200.000 pesetas, IVE incluído). (211.556,26 euros).

Lote 1: 8.000.000 de pesetas. 48.080,97 euros.

Lote 2: 14.500.000 pesetas. 87.146,75 euros.

Lote 3: 5.400.000 pesetas. 32.454,65 euros.

Lote 4: 6.000.000 de pesetas. 36.060,73 euros.

Lote 5: 1.300.000 pesetas. 7.813,16 euros.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: torres endoscopia dixestiva.

a) Data: 16 de novembro de 2000.

b) Contratista: Médical Europa, S.A.

b) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: oito millóns de pesetas, IVE incluído (8.000.000 de pesetas, IVE incluído) 48.080,97 euros.

Lote nº 2: torres endoscopia cirúrxica.

a) Data: 16 de novembro de 2000.

b) Contratista: Endoscopia Médica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: catorce millóns setenta e nove mil novecentas corenta e nove pesetas, IVE incluído. (14.079.949 pesetas., IVE incluído) 84.622,20 euros.

Lote nº 3: microscopio cirúrxico xeral.

a) Data: 5 de decembro de 2000.

b) Contratista: Leica Microsistemas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cinco millóns trescentas noventa e nove mil novecentas noventa pesetas, IVE incluído. (5.399.990 pesetas, IVE incluído) 32.454.59 euros.

Lote nº 4: microscopio cirúrxico oftalmolóxico.

a) Data: 5 de decembro de 2000.

b) Contratista: Tecnocom, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cinco millóns novecentas noventa e oito mil pesetas, IVE incluído. (5.998.000 pesetas, IVE incluído) 36.048,71 euros.

Lote nº 5: microscopios.

a) Data: 16 de novembro de 2000.

b) Contratista: Técnicas Médicas MAB, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón trescentas mil pesetas, IVE incluído. (1.300.000 pesetas, IVE incluído) 7.813,16 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos