Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de varios contratos de subministracións.

Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. En cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlle publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición de ecocardiógrafo, equipamento de laboratorio e outros con destino ó Hospital Abente e Lago-A Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.38/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de ecocardiógrafo, equipamento de laboratorio e outros.

c) Lote: 8 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 77, do 19 de abril de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e sete millóns cincocentas cinco mil pesetas, IVE incluído (37.505.000 pesetas, IVE incluído). (225.409,59 euros).

Lote 1: 23.000.000 de pesetas, 138.232,78 euros.

Lote 2: 2.000.000 de pesetas, 12.020,24 euros.

Lote 3: 1.995.000 pesetas, 11.990,19 euros.

Lote 4: 2.075.000 pesetas, 12.471,00 euros.

Lote 5: 1.485.000 pesetas, 8.925,03 euros.

Lote 6: 2.500.000 pesetas, 15.025,30 euros.

Lote 7: 1.200.000 pesetas, 7.212,15 euros.

Lote 8: 3.250.000 pesetas, 19.532,89 euros.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: ecocardiógrafo.

Data: 16 de novembro de 2000.

b) Contratista: G. E. Medical Systems, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vintetrés millóns de pesetas, IVE incluído. (23.000.000 de pesetas, IVE incluído) 38.765,26 euros.

Lote nº 2: angarellas ergometrías.

Data: 29 de novembro de 2000.

b) Contratista: Hospital Hispania, S.L.

c) Nacionalidade: española.

f) Importe de adxudicación: un millón setecentas cincuenta mil pesetas, IVE incluído.(1.750.000 pesetas, IVE incluído) 10.517,71 euros.

Lote nº 3: equipamento alergoloxía.

a) Data: 20 de outubro de 2000.

b) Contratista: Hospital Hispania, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón novecentas noventa e cinco mil pesetas, IVE incluído (1.995.000 pesetas, IVE incluído) 11.990,19 euros.

Lote nº 4: equip. laboratorio.

a) Data: 28 de setembro de 2000.

b) Contratista: Izasa, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns sesenta mil pesetas, IVE incluído (2.060.000 pesetas, IVE incluído) 12.380,85 euros.

Lote nº 5: equip. refrixeración.

a) Data: 28 de setembro de 2000.

b) Contratista: Heraeux, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón catrocentas setenta e cinco mil pesetas, IVE incluído.(1.475.000 pesetas, IVE incluído) 8.864,93 euros.

Lote nº 6: deserto.

Lote nº 7: cámara macrofotografía dixital.

a) Data: 28 de setembro de 2000.

b) Contratista: Técnicas Médicas MAB, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón duascentas mil pesetas, IVE incluído. (1.200.000 pesetas, IVE incluído) 7.212,15 euros.

Lote nº 8: criostato.

a) Data: 29 de novembro de 2000.

b) Contratista: Comercial Hospitalaria Grupo-3, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: tres millóns duascentas mil setecentas pesetas (3.200.700), IVE incluído 19.356,80 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante

o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos