Por Resolución do 10 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e modificáronse as condicións de inclusión no
réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Álabe-Ventoada, sendo declarada a utilidade pública das instalacións do parque eólico por Resolución do 30 de novembro de 2000, do conselleiro de Industria e Comercio.
Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan no concello de Muras, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.
As afeccións designadas na relación de bens e dereitos son as seguintes:
S.E.: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.
S.P.: servidume de paso, que implica a construcción de camiños e canalizacións soterradas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:
-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.
-Servidume de paso subterráneo, comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas soterradas aloxadas en gabias.
-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.
S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.
P.E.: superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:
-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construccións, arboredo, postes ou outros).
O.T.: ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.
Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario, se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.
Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.
Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalará o día e a hora para o levantamento de actas.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.
No expediente expropiatorio asumirá a condición de beneficiaria a empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A.
Lugo, 8 de xaneiro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Parque eólico Álabe-Ventoada (039-EOL)
Relación de propietarios
Concello: Muras
plano
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN (m)
Nº en
Usos do solo Lugar Nome Enderezo S.E. S.P. S.V. P.E. O.T.
Mª Josefa Reigosa Graña
Hipólito Carballido Graña
Antonio Reigosa Graña
A Fonqueixeira-A Balsa-Muras, 27836 Lugo
A Casa A Lousada-A Balsa-Muras, 27836 Lugo
A Balsa-Muras, 27836 Lugo 0,00 193,67 0,00 196,92 129,41
Tomás Camba Carballido
María Trastoy Camba Os Orxás-A Balsa-Muras, 27836 Lugo
Currás-A Balsa-Muras, 27836 Lugo
Mª Antonia Reigosa Graña
Emilio Chao Trastoy
Enrique Chao Trastoy
Jesús Chao Trastoy Enderezo descoñecido:
Suapena I-A Balsa-Muras, 27836 Lugo
Os Orxás, 4, A Balsa-Muras, 27836 Lugo
Malcán-San Simón da Costa-Vilalba, 27816 Lugo
Hidroener, S.A.
José Montouto Reigosa Currás-A Balsa-Muras, 27836 Lugo
1 Monte baixo Camposa da Xistra Copropietarios dos predios 1, 2 e 3:
2 Monte baixo Camposa da Xistra José Camba Camba
Casa Lousada, nº 2, A Balsa-Muras, 27836 Lugo
0,00 429,60 223,16 1.007,76 207,53 3 Monte baixo O Castelo Jesús Reigosa Graña
A Fonqueixeira-A Balsa-Muras, 27836 Lugo
547,16 5.307,72 1.059,56 3.784,49 1.954,93
14 Monte baixo Furapedra Aquilino Cuba Camba Ferreiros-A Balsa-Muras, 27836 Lugo 471,10 3.133,93 916,75 5.070,02 2.777,55
19 Monte baixo A Besía Dereito de superficie
Rúa Ribadeo, 2, entreplanta, 27002 Lugo 2.595,59 24.302,68 6.156,83 28.272,61 15.007,12
66 Monte baixo Tras do pico da Pena da Modia Germán Montouto Reigosa
Ferreiro-A Balsa-Muras, 27836 Lugo
913,85 332,61 786,69 3.653,97 542,77
75 Camiño existente Descoñecido 314,68 14.716,76 676,26 2.082,53 808,84