Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2001 Páx. 805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do parque eólico denominado Álabe-Lomba. (Expediente 037-EOL).

Por Resolución do 10 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución e modificáronse as condicións de inclusión no réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Álabe-Lomba, sendo declarada a utilidade pública das instalacións do parque eólico por Resolución do 30 de novembro de 2000, do conselleiro de Industria e Comercio.

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan nos concellos de Abadín e

Muras, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

As afeccións designadas na relación de bens e dereitos son as seguintes:

S.E.: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

S.P.: servidume de paso, que implica a construcción de camiños e canalizacións soterradas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo, comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas soterradas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

P.E.: superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construccións, arboredo, postes ou outros).

O.T.: ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario, se o consideran oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación indi

vidual, na que se lle sinalará o día e a hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio asumirá a condición de beneficiaria a empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A.

Lugo, 8 de xaneiro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Parque eólico Álabe-Lomba 037-EOL)

Relación de propietarios

Concello: Muras

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN (m)

Nº en

plano

Usos do soloLugarNomeEnderezoS.E.S.P.S.V.P.E.O.T.

19Monte baixoA BesíaDereito de superficie:

Hidroener, S.A.

Rúa Ribadeo, 2,

entreplanta, 27002 Lugo

33.484,96125.651,9632.732,57163.920,5071.110,13

Pasteiro5.826,1111.727,543.990,7221.085,534.551,73

60Monte baixoLombo do MadeiroAntonio Camba Lozano

María López Rodríguez

Consuelo Lozano Freire

Paulino Lozano Cabana

Jesús Lozano Cabana

Divina Lozano Cabana

Josefa Cabana Freire

Bustate-A Balsa-Muras, 27836 Lugo

Vilariño-A Balsa-Muras, 27836 Lugo

Carballo Torto-San Simón da Costa-Vilalba, 27816 Lugo

Carballo Torto-San Simón da Costa-Vilalba, 27816 Lugo

Merlos-San Simón da Costa-Vilalba, 27816 Lugo

Mourence-Vilalba, 27810 Lugo

Carballo Torto-San Simón da Costa-Vilalba, 27816 Lugo

756,171.109,311.075,474.030,26673,82

Parque eólico Álabe-Lomba 037-EOL)

Relación de propietarios

Concello: Abadín

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN (m)

Nº en

plano

Usos do soloLugarNomeEnderezoS.E.S.P.S.V.P.E.O.T.

65Monte baixoAira VellaDereito de superficie:

Hidroener, S.A.

Rúa Ribadeo, 2,

entreplanta, 27002 Lugo

0,00652,940,000,000,00