Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2000, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto, para a contratación da explotación da cafetería-comedor do Hospital do Meixoeiro logo da execución das obras, instalacións e equipamentos necesarios para a construcción e posta en funcionamento dun módulo edificatorio exterior ó hospital e a súa conexión con este. (Expediente 34/2000).

O director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 23 de marzo de 2000, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez

cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso:

Expediente 34/2000:

Obxecto: explotación da cafetería-comedor do Hospital do Meixoeiro, logo da execución das obras, instalacións e equipamentos necesarios para a construcción e posta en funcionamento dun módulo edificatorio exterior ó hospital e a súa conexión con este.

Custo estimado das obras, instalacións e equipamentos: 210.000.000 de pesetas.

Fianza provisional: 3.300.000 pesetas.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de execución: 10 meses para as obras, 25 anos a explotación.

Admisión de variantes: admítense variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital do Meixoeiro, Meixoeiro s/n, 36200 de Vigo, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 986 81 11 59; fax: 986 81 11 39.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do cuadraxésimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 19 de decembro de 2000.

Rubén Sanz Cartagena

Director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo