Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia, sistema de concurso público e procedemento aberto, mediante expediente anticipado de gasto, das obras de construcción do Centro de Saúde de Vilaboa-O Toural (Pontevedra).

-Obra: construcción do Centro de Saúde de Vilaboa-O Toural (Pontevedra).

-Orzamento da contrata: 87.922.792 pesetas (528.426,62 euros).

-Prazo de execución: 9 meses.

-Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

-Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

-Forma de tramitación: urxente.

-Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na División de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos), ou nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica:

Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación:

Os definidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este concurso.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2001.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos