Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria e anticipada de gasto.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), convoca o seguinte concurso:

Expte: 8/2001:

1. Obxecto: adquisición de gasas, compresas e papel de esterilización.

2. Orzamento: 21.957.860 pesetas (131.969,40 euros), IVE incluído.

3. Prazo de execución: desde a formalización do contrato e por un prazo de 12 meses.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante por artigo.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada do gasto.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 2/2000, do 16 de xuño. BOE 148, do 21 de xuño).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 2/2000, do 16 de xuño. BOE 148, do 21 de xuño).

10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (punto 13).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Sección de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes; rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono nº 986 81 59 37 así como para información administrativa. Para información técnica, teléfono: 986 81 60 34 e fax nº 986 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 30 de novembro de 2000.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo