Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

ANUNCIO do 20 de decembro de 2000, do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico, do acordo de inicio do expediente de extinción dunha concesión de augas.

Por medio do presente anuncio faise saber que por parte do presidente do organismo autónomo Augas de Galicia foi dictado acordo de iniciación do expediente de extinción por causa de caducidade da concesión hidroeléctrica de referencia, transcribíndose a continuación a súa parte dispositiva:

Primeiro.-Inicia-lo expediente de extinción por caducidade da concesión outorgada por resolución do Goberno Civil de Pontevedra do 10 de outubro de 1898 a Daniel Poyán Poyán e a José Ramón Lorenzo, para aproveitar 3.500 litros de auga por segundo do río Verdugo, no lugar denominado Monte Castelo, no concello de Ponte-Caldelas, con destino a producción de enerxía eléctrica para unha fábrica de productos químicos, con base na non construcción deste aproveitamento, incumprindo o condicionado da resolución de outorgamento, así como na falta de explotación desta durante máis de tres anos consecutivos, imputable ó titular.

Segundo.-Dispo-la notificación do contido deste acordo ós concesionarios, indicándolles que dispoñen dun prazo de 10 días para formula-las alegacións que na súa defensa consideren oportuno, que deberán facerse por escrito dirixido ó organismo autónomo Augas de Galicia-Servicio Territorial da Demarcación Galicia-Centro (Pza. Camilo Díaz Valiño, 7-9, Santiago de Compostela) indicando a clave do expediente sinalada no encabezamento deste escrito.

O que se publica en cumprimento do disposto no punto cuarto do artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2000.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión

do Dominio Público Hidráulico