Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo FECIMO.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo FECIMO, e mailos novos estatutos consiste a modificación no cambio da composición da comisión executiva (artigo 23).

Territorial: comarcal.

Profesional: representar, xestionar e defende-los intereses das asociacións que a conforman.

Asinan a acta de constitución: Xosé Bangueses García, e outros.

Os outros depositados, poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 19 de decembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra