Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Téxtil de Complementos e Deseño da Comarca de Tabeirós-Terra de Montes (Atexcode).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Téxtil de Complementos e Deseño da Comarca de Tabeirós-Terra de Montes (Atexcode), que abrangue os seguintes ámbitos:

Territorial: comarcal.

Profesional: promover, impulsar e apoia-los asociados, titulares ou representantes de empresas vencelladas ó sector téxtil, de complementos e deseño, da comarca.

Asinan a acta de constitución: Jesús Sáez Batallán, e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 15 de decembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra