En cumprimento do disposto no artigo 93 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación da seguinte asistencia:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais-Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.
c) Número de expediente: 0011001975.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: asistencia.
b) Descrición do obxecto: deseño e execución dunha campaña de divulgación do cheque asistencial.
c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 205, do 23-10-2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base licitación: 36.000.000 de pesetas (IVE incluído).
5. Adxudicación.
a) Data: 27-11-2000.
b) Contratista: Maxan Publicidad, S.A.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe adxudicación: 35.674.988 pesetas (214,411 euros), IVE incluído.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2000.
P.D. (Orde 21-4-1998)
Corina Porro Martínez
Directora xeral de Servicios Sociais