Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fai pública a adxudicación dunha consultoría e asistencia, por concurso público polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a elaboración do informe sobre a pobreza e exclusión social en Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación da seguinte consultoría e asistencia:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais-Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

c) Número de expediente: 0011001252.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: elaboración do informe sobre a pobreza e exclusión social en Galicia.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 113, do 12-6-2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: 14.500.000 pesetas (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 26-7-2000.

b) Contratista: Instituto de Sondaxe, S.L..

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 12.490.840 pesetas (75.041,46 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais