Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre as constitucións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Industrias e Alimentación,

e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, que se citan.

Constitución da Sociedade Agraria de Transformación Fontao SAT nº 1077 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Bretoña-A Pastoriza (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 1.800.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Casa de Santiago SAT nº 1078 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Fonfría-Silva-Pol (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leito; capital social: 1.800.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Hermanas Formaran SAT nº 1079 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en San Martiño de Ferreiros-Pol (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 15.900.000 pesetas; nº de socios: 3.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2000.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación