Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 139/2000.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saú

de (DOG nº 88, do 11 de maio) no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza acorda darlle publicidade á adxudicación dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza; As Xubias de Arriba, 84; 15006-A Coruña.

2. Modalidade de adxudicación elixida:

Procedemento aberto, concurso.

3. Obxeto do contrato, número CPA:

Concurso público: 139/00.

Arrendamento de ordenadores e impresoras láser.

Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica xuntado na documentación facilitada.

4. Data de adxudicación do contrato:

21-11-2000.

5. Criterios de adxudicación do contrato:

As establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Ofertas recibidas:

Cinco.

7. Nome e dirección do provedor o provedores:

Lote 1: Desarrollo Informático, S.A.; r/Cabana, 5 e 7, 1º; 15006-A Coruña (España).

Lote 2: Desarrollo Informático, S.A.; r/Cabana, 5 e 7, 1º; 15006-A Coruña (España).

8. Prezo pagado:

Lote 1: 114.800.000 ptas. (689.961,90 euros).

Lote 2: 20.800.000 ptas. (125.010,52 euros).

9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:

10 Outras informacións:

11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, Diario Oficial de las Comunidades Europeas e no Diario Oficial de Galicia:

BOE: 18-9-2000.

DOCE: 7-9-2000.

DOG: 18-9-2000.

12. Data de envío do presente anuncio: 21 de decembro de 2000.

13. Data de recepción do presente anuncio:

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é sus

ceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 13 de decembro de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan

Canalejo-Marítimo Oza da Coruña