Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico La Peroxa para os efectos de presentación de solicitudes en competencia. (Expediente 01/01 DXI-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de La Peroxa coas seguintes características:

Peticionario: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A.; rúa do Castiñeiriño, nº 12-3º, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Situación: concellos de Carballedo (Lugo), Vilamarín e A Peroxa (Ourense).

Localización (coordenadas poligonais UTM):

V(594.000, 4.707.300); V(594.000, 4.706.000); V(596.000, 4.703.000); V(600.000, 4.702.800), V(601.000, 4.703.000), V(601.000, 4.704.200), V(600.000, 4.706.000), V(596.000, 4.706.000), V(595.500, 4.707.000).

Potencia bruta: 39,60 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, do

6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria