Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/288-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., Alcalde Manuel Platas Varela.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 260 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T.S. de C.T. Vilarrodís a C.T. Vilarrodís e final no C.T. prefabricado sito en r/ Alcalde Manuel Platas Varela de 250 kVA. Concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de decembro de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións