Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/111-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Saénz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Maceda-Allariz (O Rexo).

Situación: Allariz.

Características técnicas: modificación da liña a 20 kV Maceda-Allariz, tramo entre os apoios para substituír nº 119 ó 121, cunha lonxitude de 390 m que pasa a conducción subterránea por vías públicas, en conductor tipo R.H.V. 12/20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 1 de decembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense