Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Castro de Elviña.
Situación: A Coruña.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 550 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T. Grela-Vilaboa, entre CC.TT. particulares de arquitectura e final en Castro de Elviña nº 93 de 630 kVA tipo interior. Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 4 de decembro de 2000.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións