Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/287-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Rúa do Concello.

Situación: Oroso.

Características técnicas: que coa finalidade de subministración de enerxía eléctrica para un edificio na Rúa do Concello, concello de Oroso. L.M.T.S. a 20 kV, cunha lonxitude de 0,2 km, con orixe na L.M.T. C.T. Xuncal (expediente 192/1995). C.T. O Campo (expediente 190/1995), conductor tipo R.H.V., e final

na mesma liña unha vez que entre e saia do tranformador proxectado. Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña