Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/286-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixa, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Mercado.

Situación: Cariño.

Características técnicas: finalidade de mellora-la calidade de subministración de enerxía eléctrica no concello de Cariño. L.M.T.S., a 20 kV, cunha lonxitude de 0,34 km, con orixe na L.M.T.S. Mera-Cariño entre os CC.TT. Quemado e Carril (expediente 29384), conductor tipo R.H.V. e final na mesma liña unha vez que entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 30 de novembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña