Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación, con trámite de expediente anticipado de gasto, da limpeza dos edificios nos que se atopan os servicios centrais da Xunta de Galicia.

Obxecto: contratación do servicio de limpeza dos edificios nos que se atopan os servicios centrais da Xunta de Galicia, mediante concurso aberto e como expediente anticipado de gasto.

Orzamento de licitación: 159.000.863 pesetas (955.614,43 euros), IVE incluído.

Garantía provisional: 3.180.017 pesetas (19.112,287 euros).

Clasificación da empresa: grupo III, subgrupo 6, categoría D.

Garantía definitiva: o 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución: sete meses.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela e no enderezo de Internet http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=121

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, ou por correo, na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 24 de febreiro de 2001.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do día 28 de febreiro de 2001.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2001

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública