Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso aberto, dunha asistencia para o desenvolvemento do fondo de acción social do persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

1. Obxecto: asistencia técnica para o desenvolvemento do fondo de acción social do persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

2. Orzamento: 6.627.703 pesetas (39.833,298 euros).

3. Garantía provisional: non se esixe.

4. Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do Complexo Administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela, e no enderezo da Internet: http.//www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=134.

6. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de quince días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

7. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do terceiro día hábil, contado desde o seguinte ó do termo do prazo para presenta-las ofertas.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública