Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribeira, certifico que nos autos que máis diante se
dirán, recaeu a providencia que seguidamente se transcribe:
En Ribeira, vinteseis de decembro de dous mil. Por interposto en tempo e forma recurso de apelación polo Ministerio Fiscal, únase ós autos da súa razón. Tense por interposto en tempo e forma recurso de apelación contra a sentencia dictada nos presentes autos, do que se dará traslado ás demais partes por prazo de 10 días, para que presenten escritos de impugnación ou de adhesión a este. Unha vez verificado, elévense os autos orixinais xunto cos escritos presentados á Audiencia Provincial da Coruña para a substanciación do recurso de apelación. Así o acorda, manda e asina S.Sª do que dou fe.
E para que lle sirva de notificación a Adolfo Borja Barrul, expido e asino este edicto.
Ribeira, vinteseis de decembro de dous mil.
O secretario
Rubricado