Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 758

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (218/1999).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ribeira, certifico que nos autos que máis diante se dirán, recaeu a providencia que seguidamente se transcribe:

En Ribeira, vinteseis de decembro de dous mil. Por interposto en tempo e forma recurso de apelación polo Ministerio Fiscal, únase ós autos da súa razón. Tense por interposto en tempo e forma recurso de apelación contra a sentencia dictada nos presentes autos, do que se dará traslado ás demais partes por prazo de 10 días, para que presenten escritos de impugnación ou de adhesión a este. Unha vez verificado, elévense os autos orixinais xunto cos escritos presentados á Audiencia Provincial da Coruña para a substanciación do recurso de apelación. Así o acorda, manda e asina S.Sª do que dou fe.

E para que lle sirva de notificación a Adolfo Borja Barrul, expido e asino este edicto.

Ribeira, vinteseis de decembro de dous mil.

O secretario

Rubricado