Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 742

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Portaglás, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Portaglás, S.A., con nº de código 3603352, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-11-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 30-10-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de novembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Portaglás, S.L.

Capítulo I

Disposicións xerais

Sección primeira

Obxecto

Artigo 1º

O presente convenio ten por obxecto rexe-las condicións de traballo entre a sociedade Portaglás, S.L. e o persoal incluído no ámbito desta, de acordo co disposto no artigo seguinte.

Sección segunda

Ámbito de aplicación

Artigo 2º.-Persoal.

O presente convenio afecta a tódolos traballadores/as que prestan servicios na sociedade Portaglás, S.L. con exclusión do persoal pertencente ás categorías denominadas cadro e empregado de alta profesionalidade (EAP), segundo a clasificación interna da empresa.

Artigo 3º.-Territorial.

As normas deste convenio serán de aplicación en tódolos centros de traballo da sociedade.

Artigo 4º.-Temporal.

O presente convenio terá unha duración de 3 anos e dous meses, comezando a súa vixencia, para tódolos efectos, o día 1 de novembro de 2000 e rematando o día 31 de decembro de 2003.

Rematado o prazo de vixencia deste convenio, entenderase prorrogado por períodos dun ano se non é denunciado por calquera das partes. A denuncia farase por escrito á outra representación, cunha antelación mínima de trinta días antes do seu vencemento ou, de se-lo seu caso, do remate de calquera das prórrogas.

Sección terceira

Compensación, absorción e vinculación

á totalidade

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

No suposto de que durante o prazo de vixencia deste convenio se acordasen, por disposición legal, condicións que total ou parcialmente afectasen as contidas nel, aplicaranse, en canto a absorción e compensación, as normas de carácter xeral actualmente vixentes, ou as que se dicten no sucesivo, efectuándose en calquera caso o cómputo global anual para determina-las absorcións e compensacións que procedan.

Artigo 6º.-Garantía persoal.

No caso de existir algún traballador/a ou grupos de traballadores que tivesen recoñecidas condicións tales que, examinadas no seu conxunto, resultasen superiores ás que para o persoal desta categoría profesional se establecen neste convenio, respectaranse as ditas condicións con carácter estrictamente persoal e soamente para aqueles a quen persoalmente afecten.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

Ámbalas partes conveñen expresamente en que as normas fixadas no presente convenio serán aplicables mentres teñan vixencia todas e cada unha delas, sen prexuízo do establecido en canto a revisión das condicións económicas.

Artigo 8º.-Dereito supletorio.

Ámbalas partes acordan, como dereito supletorio, para evitar baleiros normativos, remitirse ó disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións de carácter xeral, para aquelas cuestións non reguladas neste convenio.

Sección cuarta

Comisión paritaria

Artigo 9º.-Constitución.

Queda constituída a comisión paritaria do convenio, como órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do seu cumprimento.

Artigo 10º.-Composición.

A comisión estará composta por 2 representantes da empresa e 2 representantes dos traballadores, por cada unha das partes asinantes do presente con

venio, que asumirán as condicións de vixilancia deste.

Artigo 11º.-Designación e substitución de vocais.

Os vocais da comisión, nomeados por cada unha das representacións, serán designados no punto acta final.

As substitucións produciranse, por decisión de cada representación no seu ámbito, informando a outra representación.

Artigo 12º.-Reunións e acordos.

A comisión paritaria reunirase, unha vez cada semestre, por solicitude dunha das partes, por escrito e sinalando os puntos que se van tratar.

A fixación da data da reunión efectuarase dentro dos 20 días naturais contados a partir da data do xustificante de recepción da parte receptora da petición.

Os acordos da comisión paritaria quedarán recollidos nunha acta e terán carácter vinculante. No caso de desacordo, recolleranse, así mesmo en acta, os termos e posicións das partes, usando estas das atribucións que crean que os asiste en dereito.

Capítulo II

Organización do traballo

Sección primeira

Organización

Artigo 13º.-Facultade de organización.

A organización do traballo é facultade da dirección da empresa, con suxeición ó disposto na lexislación vixente.

Artigo 14º.-Actividade normal.

É a que, mediante un esforzo constante e razoable debe desenvolve-lo/-la traballador/a, coa formación e experiencia suficiente, consciente das súas obrigas, obtendo un rendemento normal sen remuneración con incentivo.

Artigo 15º.-Contratación.

As modalidades de contratación básicas, para persoal de novo ingreso, serán as que legalmente se establezan, adecuándose á necesidade que o xustifique, informando previamente os representantes dos traballadores.

Capítulo III

Formación

Artigo 16º.-Formación.

Ámbalas representacións consideran totalmente necesaria a formación e o perfeccionamento profesional de todo o persoal da empresa para a adaptación ás innovacións tecnolóxicas, mantemento da competencia profesional e persoal.

A asistencia a accións de formación, programadas pola dirección, que impliquen unha relación directa co correcto desenvolvemento das diferentes actividades, para a aplicación de procedementos de calidade ou para a recepción e coñecementos de normas ou medidas de prevención de riscos, será necesario

que o/a traballador/a as realice, para asegura-lo correcto desenvolvemento das súas funcións e a actualización naquela formación.

A contribución ó propio perfeccionamento mediante a asistencia a accións de formación dentro das horas de traballo, será por conta da empresa. Polas realizadas despois da xornada, o/a traballador/a percibirá como complemento de axuda á formación, a cantidade de 650 ptas. brutas hora.

Capítulo IV

Sección primeira

Xornada de traballo

Artigo 17º.-Xornada actual e traballo efectivo.

A xornada de traballo, durante os anos 2001, 2002 e 2003, para todo o persoal incluído no ámbito deste convenio, será de 1.776 horas anuais de traballo efectivo.

Enténdese por traballo efectivo as horas de presencia e actividade no lugar de traballo, provistos da roupa de seguridade, sen que as liñas de producción sexan paradas para efectuar cambios de quenda. Non serán computados como de traballo efectivo os períodos de vacacións.

Ámbalas partes acordan que, en función das necesidades da sociedade, o persoal poderá traballar a quenda total ou especial, respectando sempre o número de horas de traballo en cómputo anual.

Artigo 18º.-Modalidades de horario.

Respectando o cómputo de número total de horas de traballo efectivo anual, a dirección de cada centro, cos representantes dos traballadores, establecerá os horarios nos que se recolla a distribución das horas anuais, segundo sexa a xornada normal ou a quendas.

-Xornada normal.

O persoal a xornada normal traballará de luns a venres en xornada partida, distribuíndose esta de modo que se asegure a máis eficaz atención ós clientes.

-Quendas.

Este persoal continuará prestando servicio en quendas de oito horas diarias de duración, de acordo coa distribución que resulte do calendario de quendas que se acorde cos delegados de persoal, cun tempo de descanso de 15 minutos.

Por necesidades coxunturais de cumprimento de pedidos e atención a clientes, a dirección establecerá nestes casos a organización máis conveniente, informando os delegados de persoal e con avisos previos de 48 horas mínimo ós traballadores afectados. Cubriranse as necesidades con voluntarios e, se fose insuficiente, rotativamente.

Fíxase un descanso de quince minutos, que se computará como tempo de traballo efectivo e cun desfrute que se realizará de forma gradual nas dúas e media horas centrais.

O persoal que traballe a quenda total ou especial estará obrigado a traballa-los días que lle correspondan polo seu calendario de quendas.

Cando un traballador/a a xornada normal pase temporalmente a substituír outro traballador/a a quenda, ou viceversa, regularizarase a diferencia de horas de traballo que poida producirse.

Sección segunda

Vacacións

Artigo 19º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais para todo o persoal afectado polo convenio será de 30 días naturais.

Sempre que o permitan as necesidades do servicio, o traballador/a poderá fracciona-las súas vacacións tantas veces como desexe. O persoal de novo ingreso desfrutará antes do 31 de decembro do ano do seu ingreso, da parte proporcional que lle corresponda, polos meses comprendidos entre a data do seu ingreso e o 31 de decembro, computándose a fracción de mes como mes completo.

No caso de que un traballador/a, estando de vacacións sexa dado de baixa por IT, non lle será computado, para os efectos de vacacións, o tempo que permaneza nesta situación, continuando aquelas ó ser dado de alta, sempre dentro do ano natural e de acordo coas necesidades de programación do traballo e cumprimento do programa xeral de vacacións no centro de traballo ó que pertence.

Artigo 20º.-Permisos retribuídos.

A empresa concederalle ó persoal, logo de aviso e xustificación, permiso con soldo, nos casos seguintes:

1. Matrimonio: 15 días naturais.

2. Parto de esposa ou enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe, do traballador/a, de fillos, pais, avós, irmáns e netos, tanto consanguíneos como afíns: 2 días naturais; máis tempo de viaxe, se se xustificase, ata un total de 4 días naturais.

3. Cumprimento de deberes públicos inescusables, xustificando a causa que os orixina. Entenderase que son deberes públicos inescusables aqueles que deriven de mandato de autoridade, que fagan imprescindible acudir a unha citación.

4. Os delegados do persoal terán dereito ás dispoñibilidades horarias reguladas para exerce-la súa función como representantes dos traballadores, nas condicións establecidas.

5. Polo tempo necesario para acudir á consulta médica, xustificadas polo médico e o propio interesado as circunstancias en que se produce. Este punto ampara exclusivamente este servicio de consulta e non de tratamento médico reiterativo, periódico e marcado por un horario.

6. Cambio de domicilio habitual: 1 día.

Capítulo V

Estructura da remuneración

Artigo 21º.-Disposicións xerais.

Establécense as seguintes definicións sobre a estructura de remuneración que se fixan no presente artigo.

1. As retribucións que se fixan no presente convenio son todas elas brutas, polo que delas se detraerán as cantidades correspondentes á Seguridade Social, ó IRPF e outras que legalmente puidesen corresponder.

2. A clasificación do persoal afectado polo presente convenio colectivo recolle os grupos e categorías profesionais que seguidamente se detallan:

Técnicos e administrativosOperarios

Aux. administrativoPeón ordinario

Oficial 2ªPeón especialista

Oficial 1ªOficial 3ª

Xefe de 2ªOficial 2ª

Xefe de 1ªOficial 1ª

Capataz

Artigo 22º.-Conceptos remuneración.

A remuneración do persoal afectado polo presente convenio está integrada polos conceptos de:

Salario convenio.

Complementos persoais.

Complemento absorvible.

Complementos posto.

Complementos quenda hora noite.

Complementos variables.

Tódolos traballadores/as incluídos neste convenio percibirán os salarios que devenguen por períodos mensuais.

O pagamento destes efectuarase o derradeiro día laborable do mes, a través de entidades de crédito.

Para poder confecciona-la nómina, dentro da data sinalada, os conceptos retribuídos variables computaranse do 16 do mes anterior ó 15 do mes actual, aboándose completos os conceptos fixos e regularizándose ó mes seguinte as diferencias que poidan xurdir desde o día 16 de finais do mes, como consecuencia de ausencias, baixas por enfermidade, accidente, etc.

Artigo 23º.-Retribución salarial mensual.

Os importes para cada unha das categorías son os que figuran no anexo I.

Artigo 24º.-Gratificacións extraordinarias.

O ano enténdese dividido en dous semestres naturais. Ó primeiro correspóndelle a gratificación de xuño e ó segundo a de Nadal. Os traballadores/as que causen baixa ou alta na empresa durante o ano percibirán a parte proporcional correspondente ó tempo efectivamente traballado durante o semestre que se considera.

As gratificacións aboaranse como datas máximas o 30 de xuño e o 20 de decembro, respectivamente.

O importe de cada gratificación extraordinaria será dunha contía igual á dunha mensualidade de salario convenio, de complemento absorbible se o tivera e do importe do valor medio percibido entre os meses de xaneiro a xuño, ambos inclusive, polo traballa

dor/a como prima de producción ou productividade, se a tivese, para a gratificación de xuño e do valor medio entre o percibido entre os meses de xullo a decembro, ambos inclusive, para a gratificación de decembro.

Artigo 25º.-Complementos persoais.

Complemento absorvible.

Este complemento persoal, que se percibirá en 12 pagas mensuais, será reducido no 20% do importe da diferencia salarial existente entre a categoría nova e a anterior desempeñada polo traballador/a, en cada cambio de categoría que lle puidese afectar.

Artigo 26º.-Complemento de posto.

-Complemento hora quenda noite.

Enténdese por traballo nocturno o realizado entre as 22 horas e as 6 horas, cando corresponde ó efectuado pola rotación ou organización sincronizada de quendas.

Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a catro horas, non se aboará o complemento, e se fose superior a catro horas, aboarase o complemento como se traballase oito horas.

Quedan exceptuadas deste concepto as horas extraordinarias, posto que ó fixa-la seu valor xa se tivo en conta o importe nestas.

Fíxase o complemento por hora nocturna traballada en 230 ptas. brutas horas.

Artigo 27º.-Complementos variables.

Prima de producción ou productividade.

É a establecida para os anos 2001, 2002 e 2003, para os traballadores/as de cada unidade de producción, de acordo cos obxectivos que melloren a actividade normal, segundo detalles que se describen na acta complementaria e que se actualizarán cada ano en función das modificacións de organización ou melloras tecnolóxicas introducidas.

Variable anual por R.E./PNV.

É a establecida para os anos 2001, 2002 e 2003, para os traballadores/as da sociedade, en funcións do recollido no anexo II.

Variable anual por índice de cumprimento e seguridade.

É a establecida para os anos 2001, 2002 e 2003, para os traballadores/as da sociedade, en función do recollido no anexo III.

Artigo 28º.-Horas extraordinarias.

Ámbalas partes acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes criterios:

1. Realización das esixidas para reparar siniestros ou danos extraordinarios.

2. As necesarias para cubrir ausencias imprevistas, pedidos urxentes, períodos punta de producción ou por outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate.

3. A presentación da hora extraordinaria será retribuída co importe ptas./brutas/hora, que se establece no cadro seguinte.

Categorías

Valor hora

normal

Valor hora

domingo ou festivo

Xefe 1ª/capataz800960

Xefe 2ª/oficial 1ª obra650780

Oficial 1ª emp./oficial 2ª

e 3ª obra

550660

Oficial 2ª emp. e auxiliar

emp. P.E. e P.O.

450550

4. A hora extraordinaria tamén se poderá compensar por un tempo equivalente de descanso, en lugar de ser retribuída economicamente; neste caso, poranse de acordo a dirección e o traballador/a respecto ó número delas que se compensarán e a data do descanso que, en ningún caso, se poderá engadir ó período de vacacións pactado.

5. No suposto de que o valor pactado sexa inferior ó que correspondería legalmente, a diferencia está compensada no salario global anual.

Artigo 29º.-Retribución en vacacións.

O importe que se percibirá durante o período de desfrute de vacacións será da mesma contía que se estivese en activo, con exclusión do valor de horas extraordinarias, traballador a obra feita, complemento hora quenda noite, varibales recollidas en anexos II e III e gratificacións regulamentarias.

Capítulo VI

Incrementos salariais e cláusulas de revisión

Artigo 30º.-Procedementos e condición de aplicación.

Condicións de aplicación para 2001.

Aplicación do IPC previsto polo Goberno para 2001, sobre táboas salariais o 31-12-2000 (anexo I), e nos conceptos: valor hora extra e complemento hora noite quendas.

Efectuarase a revisión do salario convenio (anexo I), a partir do mes no que o IPC real de 2001 supere o IPC previsto para este ano. A diferencia será aboada no mes de febreiro de 2002 e realizarase a revisión das táboas (anexo I) pola diferencia positiva entre o IPC real e o IPC previsto de 2001, antes da aplicación do incremento para o ano 2002.

Condicións de aplicación para 2002.

Aplicación IPC previsto polo Goberno para o ano 2002 ós conceptos: táboas salariais, valor hora extra e complemento hora noite quendas.

Efectuarase a revisión do salario convenio (anexo I), a partir do mes no que o IPC real o 2003 supere o IPC previsto para este ano. A diferencia será aboada no mes de febreiro do 2003 e realizarase a revisión das táboas pola diferencia positiva entre

o IPC real e o IPC previsto de 2002, antes da aplicación do incremento para o ano 2003.

Condicións de aplicación para 2003.

Aplicación IPC previsto polo Goberno para o ano 2003, ós conceptos: táboas salariais, valor hora extra e complemento hora noite quendas.

Efectuarase a revisión do salario convenio (anexo I), a partir do mes no que o IPC real de 2003 supere o IPC previsto para este ano. A diferencia será aboada no mes de febreiro de 2004 e realizarase a revisión das táboas pola diferencia positiva entre o IPC real e o IPC previsto do 2004.

Artigo 31º.-Disposición derradeira.

A comisión deliberadora fai constar expresamente que o conxunto de normas contidas neste convenio colectivo substitúe integramente aquelas polas que se viña rexendo en tódolos seus aspectos a relación laboral do persoal a quen afecta, incluído no presente convenio colectivo, acordado entre a dirección de Portaglás, S.L. e o seu persoal.

Prestacións sociais.

I. Incapacidade temporal.

Cando un traballador sexa dado de baixa, como consecuencia de enfermidade común ou accidente non laboral pola Seguridade Social, logo da confirmación desta baixa polo médico da empresa, aboarase un complemento tal que, sumado coas prestacións que para estas continxencias outorga a Seguridade Social, lle garanta ó traballador do 90% do salario mensual que figura na columna que lle sexa aplicable do anexo I máis o complemento absorbible, se o tivese.

Todo iso a partir do décimo sexto día consecutivo da baixa.

No suposto de que a baixa sexa debida a accidente laboral, o complemento que se aboará garantirá a percepción do 100%, a partir do primeiro día de baixa e afectará ós conceptos retributivos arriba indicados. Nas gratificacións regulamentarias percibirase o 90% do importe destas, na data do seu vencemento, nos casos de enfermidade común ou accidente non laboral, e do 100% cando se trate de accidente laboral.

II. Seguro de vida e invalidez.

Establécese un seguro de vida e invalidez, para os traballadores/as ós que afecta o presente convenio, de acordo coas normas que se detallan a continuación:

O seguro de vida que a empresa ten por obxecto garantirlles un capital ós traballadores/as que cumpran as condicións máis adiante citadas:

a) Ben, no caso de falecemento.

b) Ou ben, no caso de invalidez permanente absoluta.

O capital aboaráselles ós beneficiarios designados polo asegurado, no caso de falecemento deste, ou

ó propio asegurado, no caso de invalidez permanente absoluta, axustándose ó disposto na Orde ministerial do 12-8-1981 (BOE do 5 de setembro).

Traballadores asegurados.

Beneficiaranse das garantías establecidas os traballadores/as de alta na empresa, en activo ou en situación de proposta de invalidez, ata que remate a anualidade na que cumpran os 65 anos.

Traballadores excluídos das garantías.

Traballadores que estean cumprindo o servicio militar ou en situación de excedencia.

Duración das garantías.

a) Comenzo das garantías.

As garantías tomarán efecto:

-A partir da data de comezo do prazo de duración deste convenio colectivo, para os traballadores que se atopen no cadro de persoal na citada data.

-A partir do primeiro día do mes seguinte de ser dado de alta na empresa.

b) Cesamento das garantías.

O mesmo día do cesamento para os asegurados que causen baixa temporal (licencias ou excedencias) ou definitiva na empresa.

Capital asegurado.

O importe do capital garantido para cada asegurado é igual ó producto do capital base polo coeficiente familiar.

Os capitales base, son os que se describen a continuación.

Anos200120022003

Capital base600.000 700.000 800.000

Coeficiente familiar.

Segundo a situación familiar dos asegurados, establécense os seguinte coeficientes que se aplicarán sobre o capital base que corresponda segundo a súa categoría:

-Para asegurados solteiros ou viúvos sen fillos: 90%.

-Para asegurados casados: 100% (1).

-Para asegurados viúvos ou solteiros con fillos menores de 18 anos ou maiores incapacitados: 100% (1).

-Por cada fillo menor de 18 anos ou maior incapacitado, incrementarase o capital base (1) en: 20%.

Riscos garantidos.

Garántense tódolos casos de falecemento, baixo as únicas reservas seguintes:

-A garantía só ten efecto no caso de suicidio dun asegurado, cando se produza, polo menos, dous anos despois da súa entrada no seguro.

Non está garantido o risco de morte a consecuencia de viaxes en avión, non efectuados en liñas comerciais aéreas de transporte común, estradas de automóbiles e de calquera outro vehículo de motor. Respecto á cobertura do risco de invalidez permanente absoluta, os riscos excluídos son os sinalados na orde do Ministerio de Facenda, do 12-8-1981.

Beneficiarios.

Os beneficiarios serán os seguintes:

O cónxuxe supervivente; no seu defecto, os fillos do matrimonio; a falta destes, o pai e a nai ou, o supervivente de ámbolos dous. En defecto das persoas antes indicadas, os habentes dereito lexítimos do traballador.

De forma excepcional e cando exista unha causa que o xustifique, poderá establecerse unha atribución beneficiaria distinta, pero estas excepcións deberán ser comunicadas expresamente para cada caso particular. Nestes casos, cubrirá e entregaralle á empresa a solicitude de cambio de beneficiario.

Disposicións varias.

No caso de invalidez permanente absoluta, aboarase o capital garantido cando ó asegurado lle sobreveña unha incapacidade física ou mental que o deixe, antes da idade de sensenta e cinco anos, na imposibilidade permanente definitiva de exercer calquera traballo remunerado. Desde a mesma data que se aboase o capital estipulado, o asegurado deixará de estar garantido para o caso de falecemento.

ANEXO I

Retribución salario convenio persoal empregado 2000

Categorías

Retribución salarial mes

Retribución salarial

12 meses

Gratificacións

extraordinarias 2 meses

Total anual

Xefe 1ª/I. técnico141.5611.698.752283.1221.981.850

Xefe 2ª132.7361.592.832265.4721.858.304

Axte. non titulado vendedor

Encargado taller

129.016

1.548.192

258.032

1.806.224

Oficial 1ª administrativo128.3311.539.972256.6621.796.634

Oficial 2ª administrativo126.0581.512.696252.1161.764.812

Auxiliar administrativo124.0801.488.970248.1601.737.120

Retribución salario convenio persoal operario 2000

Categorías

Retribución salarial mes

Retribución salarial

12 meses

Gratificacións

extraordinarias 2 meses

Total anual

Capataz/xefe equipo128.5931.543.116257.1861.800.302

Oficial de 1ª128.3311.539.972256.6621.796.634

Oficial 2ª126.0581.512.696252.1161.764.812

Oficial de 3ª124.6001.495.200249.2001.744.400

P. especialista123.7501.485.000247.5001.732.500

P. ordinario122.8571.474.284245.7141.719.998

ANEXO II

Incentivo general anual.

Aplicarase a fórmula que relaciona o crecemento no resultado de explotación da sociedade coa cifra de vendas, de modo que a mellora conseguida segundo coeficientes que se describen a continuación, teña unha repercusión razoable nos traballadores que contribúen a conseguilos.

Importes que pagarán dunha soa vez, cada ano con resultados dentro da escala

Limiares de resultados

de sociedade

200120022003

2,00 a 3,0055.000

3,01 a 3,4965.00065.000

3,50 a 4,5970.00070.00070.000

4,60 a 6,0975.00075.00075.000

6,10 a 8,0985.00085.00085.000

8,10 a 10,59125.000125.000125.000

10,60 a 12,59140.000140.000140.000

12,60 a 14,00175.000175.000175.000

R.E. real ano (A)

Incentivo de resultados (IR)=x100

P.N.V. real ano (A) sociedade

O pagamento deste incentivo por resultados será anual: data de cálculo e pagamento, mes de febreiro de cada no (A+1), en función das horas traballadas no ano (A).

Retribución variable relacionada con I.C. e IF1 de sociedade.

Aboarase en función das horas traballadas no ano e do valor que resulta de:

V=5.000(I.C.real/I.C.obxectivo)+5.000 (I F1 real/I.F1 obxectivo), acoutada de modo que o valor máximo aplicable sexa:

V=5.000(I.C.real/I.C.obxectivo)+5.000(I F1 real/I.F1 obxectivo)=11.500 ptas. brutas año.

e sempre que cada coeficiente obtido para cada índice resulte maior ou igual que 0,95, o que dará lugar, neste segundo caso, a un valor mínimo aplicable de: 9.500 ptas. brutas ano. Coeficientes inferiores a 0,95 para calquera dos dous indicadores farán inaplicable este concepto retributivo.