Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2001 Páx. 742

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 12 de decembro de 2000 pola que se resolve a cesión en propiedade de material quitaneves e de excarceración para misións de protección civil.

Por Orde do 6 de setembro de 2000 (DOG nº 186, do 25 de setembro), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na cesión de material quitaneves e de excarceración para misións de protección civil.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación polos servicios competentes da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, emitiuse o correspondente informe, e de conformidade co punto 5º da devandita orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo á aplicación 13.05.623.0, programa 231 A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2000, a cesión en propiedade dun equipo de excarceración ós concellos da Guarda e Becerreá; e a cesión en propiedade de material quitaneves, segundo a distribución que a continuación se relaciona: unha máquina espalladora de sal ó Concello de Chandrexa de Queixa; unha coitela agrícola ó Concello do Incio; unha coitela todo terreo ós concellos de Forcarei, A Pobra do Brollón, Castrelo do Val, Os Blancos, Muíños, A Fonsagrada e Folgoso do Courel; unha coitela camión ós concellos da Mezquita e A Gudiña; unha cuña quitaneve pequena ó Concello de Baleira.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais