Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 17 de xaneiro de 2001 Páx. 728

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE CASTELA E LEÓN

EDICTO do 20 de decembro de 2000, da Delegación Territorial de León, da Consellería de Industria, Comercio e Turismo, de notificación da resolución do expediente 465/2000.

Resultando infructuosas as xestións realizadas para notificar no domicilio do destinatario a resolución dictada pola autoridade laboral competente, no expediente administrativo sancionador que máis abaixo se relaciona, procédese a efectua-la dita notificación, mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e a exposición deste no taboleiro de anuncios do concello do último enderezo coñecido do interesado, co fin de que produza os efectos legais previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Infórmase de que o texto íntegro da resolución e o documento contable para o pagamento da sanción, está de manifesto e á disposición do interesado, na Sección de Relacións Laborais e Recursos desta oficina territorial de traballo, sita na Gran Vía de San Marcos, 27-1ª planta, León.

Resolución sancionadora.

Nº de expediente: 465/2000.

Nº de acta: 169/2000.

Empresa: Aplicaciones Técnicas de Túneles y Puentes, S.L.

Contía da sanción: 250.001 pesetas.

Contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o delegado territorial da Xunta de Castela e León, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que sirva de notificación en forma á empresa antes sinalada e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en León o vinte de decembro de dous mil.

Luis Aznar Fernández

Delegado territorial de León